(VÍDEO) Ata as vacas súmanse ao 8-M: manifestación vaqueira por todas as 'muUulleres'
A empresa galega de alimentación Casa Grande de Xanceda puxo en marcha esta peculiar campaña coas vacas e o 8 de marzo como protagonistas.
A empresa galega de alimentación Casa Grande de Xanceda puxo en marcha esta peculiar campaña coas vacas e o 8 de marzo como protagonistas.
Neste momento de crise sanitaria e no que a celebración dos actos do Día Internacional da Muller están a ser tan cuestionados, as vacas da granxa galega ecolóxica sumáronse ás reivindicacións feministas.
En casa Grande de Xanceda lamentan que, pola pandemia, “non veremos as imaxes de multitudes violetas en avenidas e rúas como outros anos”. Por este motivo, na compañía decidiron poñerse ao choio e que as súas vacas reivindicasen todos os dereitos que abandera o feminismo para que non queden silenciados neste 2021.
Con adornos, símbolos e pintadas, na compañía trataron de darlle unha volta de porca á campaña, que xa o ano pasado deu moito que falar despois de viralizar o símbolo da muller segado en herba co que celebraron este día, unha imaxe de superou moitas fronteiras.
O peso das mulleres en casa Grande de Xanceda é moi importante e na yogurtera, que tamén traballan para visibilizar o rural “como espazo de progreso”, as mensaxes en clave feminista non son unha mera anécdota.
Escribe o teu comentario