Ningún positivo entre os preto de 2.000 universitarios testeados do campus de Lugo

O xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, destacou que no cribado realizado no campus de Lugo para detectar casos de Covid-19, dos case 2.000 estudantes que se someteron ás probas de "antígenos" todos deron negativo nos dous días que se realizaron as probas.

|

O cribado, ao que asistiu máis do 50% do alumnado, non lanzou nin un só caso positivo de coronavirus.


As probas de antígenos non detectaron novos casos nunha comunidade educativa que retomou as clases presenciais esta semana. 


Un home sométese a un test de antígenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña



O xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, destacou que no cribado realizado no campus de Lugo para detectar casos de Covid-19, dos case 2.000 estudantes que se someteron ás probas de "antígenos" todos deron negativo nos dous días que se realizaron as probas.


Este cribado arrincou o luns e concluíu este martes. Foron citados "1.748 alumnos, acudindo 937 que supón unha porcentaxe do 53,6 por cento de asistencia e dos 937 todos lanzaron resultados negativos", sinalou o xerente.

Nestes dous días chamouse á totalidade dos universitarios matriculados no campus lucense, un total de 3.483 e sometéronse á proba PCR 1.991, que representa o 57,5 por cento do corpo de estudantes do campus.


O resultado final, deses 1.991 estudantes de Lugo que se presentaron a estas probas o luns e o martes, que "non son obrigatorias", subliñou o xerente, saldouse con todos "negativo".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE