Está a tramar o PP tombar a Jácome? Unha filtración dun intento de enchufe salpica ao alcalde de Ourense
A Rexión, un xornal con liña editorial próxima ao baltarismo, desvelou un presunto intento de Jácome de enchufar unha concelleira crítica con el na Deputación, a cambio de que ela renunciase no Concello
Jácome non o negou pero apunta que todo se debe a unha persecución mediática contra el orquestrada por outros partidos, entre os que sitúa ao PPdeG
Os conservadores tiensan o corda pero non rompen con Jácome, a quen mantén cun fío de vida no Concello, gobernando a tercerea cidade de Galicia cun equipo de só dúas persoas
Baltar, líder do PP de Ourense, con Jácome, nunha imaxe de arquivo /EP
O PP esixe ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, "explicacións inmediatas" en relación a unha chamada dun asesor que ofrece un posto na Deputación provincial.
De feito, o xornal 'A Rexión' publicou este domingo a transcrición dunha chamada na que un asesor do alcalde de Ourense, exercendo de intermediario de Gonzalo Pérez Jácome, ofrecía un posto no persoal de Democracia Ourensá na Deputación Provincial á edil crítica María Debuxa, a cambio da súa dimisión no Concello.
A OPOSICIÓN METE PRESIÓN
Por iso, os grupos municipais do Partido Socialista, BNG e Cidadáns instaron este domingo ao Partido Popular local "a mover ficha" e facilitar unha moción de censura contra o rexedor municipal para apartalo do bastón de mando.Os nacionalistas do Bloque tacharon a situación de "esperpéntica e caótica" e subliñaron que "os feitos son de suficiente entidade" como para que "aqueles que puxeron e manteñen" a Jácome decidan se "é ata o final" ou permiten "un goberno alternativo". Ademais, indicaron que "non hai nada novo" na chamada, posto que o "único obxectivo de Jácome sempre foi manterse na Alcaldía no canto de gobernar".
"UN EPISODIO DE TANTOS"
Precisamente o PSdeG ha traslado que "se trata dun episodio de tantos que demostran a forma de gobernar do alcalde á marxe das regras de respecto institucional" e instaron o Partido Popular a "deixarse de escusas e retirar de forma definitiva o seu apoio ao rexedor", ao considerar que a gravación representa "un exemplo de prácticas cuestionables e decisións arbitrarias co obxectivo de converterse no shériff dunha cidade sen lei nin orde". Así pois, esixen o apoio do Partido Popular para unha moción de censura, á vez que se preguntan "que máis ten que pasar para botar ao alcalde".
EXPLICACIÓNS "OPORTUNAS"
O Partido Popular foi o último en pronunciarse, fíxoo este luns sen profundar na situación da crise municipal, para unicamente esixir "explicacións inmediatas e oportunas" sobre os feitos ao rexedor municipal. "Os problemas internos de Democracia Ourensá afectan gravemente á gobernabilidade da cidade", avisa.
JÁCOME CHAMA MERDA Á REXIÓN
O único que non falou publicamente aínda é o propio rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, quen ten unha comparecencia de prensa este martes. Con todo, empregou o seu perfil en redes sociais para criticar que os distintos partidos da oposición "usen 'A Rexión' coma se fose o Boletín Oficial de España". O representante público cualifica ao diario como unha merda, usando un emoticón.
En Facebook, o partido localista repite o insulto contra o medio de comunicación. Advirte de "futuras denuncias xudiciais":
AUDIO A FISCALÍA
Segundo informou o diario 'A Rexión' na súa web, levarán a conversación telefónica, á que tiveron acceso e que publicaron transcrita, ante Fiscalía por se os feitos aos que se refiren ambos os interlocutores respecto diso do rexedor municipal puidesen ser constitutivos de delito.
Escribe o teu comentario