Dous días de suspensión ao xinecólogo de Verín que liderou as protestas do paritorio; anuncia que recorrerá

Castrillo presentará alegacións ao ver a proposta "inxusta" e a Xunta evita valorar o que cualifica de "proceso administrativo"

|

Javier Castrillo, xinecólogo do Hospital de Verín e unha das pezas fundamentais no movemento para manter o servizo do paritorio verinés, foi sancionado con dous días de suspensión tras o expediente do SERGAS.


"Non fixen nada para que se me cualifique cunha falta grave", insiste o afectado, que ten 10 días para presentar alegacións.


Varias persoas maniféstanse diante do Hospital de Verín para apoiar ao xefe de Xinecoloxía, Javier Castrillo.

Manifestación en apoio de Javier Castrillo | Foto: EP


O xinecólogo do Hospital de Verín, Javier Castrillo, unha das caras máis visibles durante o conflito do paritorio, foi notificado cunha proposta de sanción de dous días de suspensión de funcións.


Castrillo recibiu a notificación o luns e ten 10 días para presentar alegacións, algo que asegura que fará porque ve "inxusto" tanto que se lle castigue con dous días como con dous anos, período ao que podería chegar a proposta da Xunta.


Pola súa banda, fontes da Consellería de Sanidade consultadas por Europa Press evitan valorar o que cualifican de "proceso administrativo".


"Non fixen nada para que se me cualifique cunha falta grave", denuncia pola súa banda o médico, quen, en declaracións a Europa Press, considera que se a Administración autonómica segue adiante co expediente, que se lle notificou en novembro, é porque "non quere recoñecer que foi unha vinganza".


Neste escenario, agradece que as mostras de apoio que está a recibir dos seus compañeiros son "todas", e iso "animicamente" sérvelle. En calquera caso, e aínda que dous días non lle supón "nada", subliña que alegará porque segue "pensado que é inxusto" e que se se lle abriu expediente foi para que "non siga protestando".


Os FEITOS

Os feitos ocorreron a finais de 2019, xusto antes de que se fixese efectivo o polémico peche do paritorio comarcal, posteriormente reaberto pola Xunta.


En concreto, a actuación pola que se lle incoou o expediente remóntase ao 30 de novembro dese ano, xornada na que naceu o que, en principio, estaba chamado a ser o último neno que nacería no centro sanitario comarcal.

Castrillo sostivo ao coñecer a apertura do expediente que o neno naceu "sen complicacións nin ningún problema" e que as matronas ratificaron que así era, pero a pediatra de garda recomendou que "se derivase ao neno a Ourense", topándose coa oposición do xefe de xinecoloxía, por non ver razón para iso.

Finalmente, o bebé acabou sendo trasladado, pero o Sergas notificou o expediente ao xinecólogo, segundo a súa versión, por contravir a decisión doutra profesional, neste caso a pediatra, o que considera unha falta "grave".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE