Feijóo avoga por un 'pasaporte' que acredite a inmunidade das persoas vacinadas contra a Covid-19
Segundo o mandatario galego, esta podería ser unha boa medida para favorecer a mobilidade de persoas e dar un empuxón ao turismo.
"Sendo España o segundo país do mundo con maior turismo, creo que é un dos países que debe ter máis interese por que este pasaporte de obrigada presentación para entrar e saír de España", sostén Feijóo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Foto: EP
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse "partidario" de que o Estado español aposte por unha acreditación de inmunidade ante o covid-19 co obxectivo de favorecer a mobilidade de persoas e, singularmente, do turismo.
"Sen entrar no contido e alcance do pasaporte, xa lle digo que si somos partidarios", dixo con rotundidade o mandatario autonómico a preguntas dos medios na rolda de prensa posterior ao comité clínico deste luns, que volverá celebrarse o martes que vén.
Para Feijóo, é preciso "acreditar que persoas que se vacinaron e que alcanzaron a inmunidade, teñan unha mobilidade moi superior a aquelas outras que, lamentablemente, non alcanzaron a inmunidade".
"Sendo España o segundo país do mundo con maior turismo, creo que é un dos países que debe ter máis interese por que este pasaporte de obrigada presentación para entrar e saír de España", reflexionou.
Por tanto, o presidente autonómico ha sinalado que, ante a posibilidade dunha carta acreditativa da vacina, a súa resposta é "sen dúbida, si".
"Como o facemos, como preservamos dereitos e intimidades?", expuxo, para concluír que lle corresponde "aos xuristas e tecnólogos casar esas dificultades". "Pero que dubida cabe que acreditar que unha persoa está vacinada, abre as portas á seguridade para recibila e á seguridade para saír do seu país e entrar en outro", sentenciou.
Escribe o teu comentario