Os contagios seguen baixando en case toda Galicia pero a taxa de letalidade do covid continúa á alza

As últimas cifras do coronavirus en Galicia son todo o excelentes que poden ser nunha xornada con máis de 300 positivos e 9 mortos. Todas as medias continúan á baixa salvo unha, a taxa de letalidade a 30 días. 


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia son todo o excelentes que poden ser nunha xornada con máis de 300 positivos e 9 mortos. Todas as medias continúan caendo salvo unha, a taxa de letalidade a 30 días. 


Está a contaxiarse menos xente pero, en proporción aos contagios, hai máis opcións dun desenlace fatal. Dato que robustece a hipótese do protagonismo da cepa británica. 


A presenza de variantes máis contaxiosas e máis mortais é un dos factores crave á hora de abordar a  desescalada, que empezou onte, pero moi timidamente.  Onte o Estado impuxo corentena a todos os que cheguen de Brasil e Sudáfrica.


UGWvm  b taxa de letalidade a 30 d as de coronavirus en galicia b  (1)




Galicia suma menos de 350 positivos por cuarto día seguido. Algo que non pasaba desde antes de nadal. Onte foron 307 diagnósticos confirmados por PCR.


A incidencia acumulada semanal continúa descendendo por 24º día seguido. Sitúase en 100 positivos por cada 100.000 galegos á semana. No pico era máis do triplo, 344, o 25 de xaneiro.


Este indicador xa non está en risco extremo desde que baixou de 125 esta semana. A súa irmá maior, a incidencia acumulada a dúas semanas, pola contra, aínda está no peor dos niveis. 


Galicia ten unha incidencia acumulada de 276 diagnósticos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas. Necesita baixar a 250 para saír de risco extremo, de acordo ao semáforo estatal de alertas. De seguir a este ritmo, o país podería abandonalo antes de que acabe este semana.




Débese este rápido descenso dos positivos a que o SERGAS fai menos probas? Sen dúbida inflúe que a Xunta levantase o pé do acelerador das PCRs. A media semanal rozou os 13.000 ao día e agora esborrallouse a pouco de 7.700. 


Un dato non baladí, pois hai que lembrar que o esborralle de probas en Nadal é un dos factores que contribuíu á propagación da onda máis mortal da pandemia en Galicia ata a data.


Con todo, o bajón de probas en Nadal contribuíu a que se disparase a taxa de positividade. Pola contra, o bajón actual de PCRs non impulsou a positividade. Iso si, haa estancando. Levaba caendo desde finais de xaneiro, cando alcanzou un alarmante 10,6%, e agora leva catro días trabada sobre o 5%;  a pesar de que a cifra de hoxe é extraordinariamente boa, 3,8%, a mellor do ano.


CAMBIO DE PORCENTAXE DE CASOS ACTIVOS

A derivada da curva de infectados tampouco dá sinais claros de rebote, pero si de desacelaración da melloría. A media semanal, que é o indicador máis relevante, segue baixando e ponse en -5,9%, o seu mellor rexistro desde a primeiro onda. Agora ben, o seu ritmo de caída reduciuse progresivamente, ata case aplanarse. Iso a pesar de que a cifra de hoxe é moi boa, -7,1%, a segunda mellor do ano.



Todos estes datos significan que a cantidade de infectados segue baixando, que esa caída é cada vez máis rápida, pero a aceleración desa caída é cada vez máis débil e pronto chegará o día en que empezo a frear. Mentres tanto, as cifras absolutas falan por se soas da veloz melloría. Nunha semana o SERGAS ten que lidar con case 6.000 infectados menos, quedando o total actual en menos de 11.000 casos activos por vez primeira desde mediados de xaneiro.


CONCLUSIÓNS 


Con todas estas cifras na pantalla, podemos inferir que:


  • A pandemia segue perdendo terreo en Galicia. O ritmo de retirada é máis veloz que en todas as anteriores ondas, como o foi o ritmo de ascenso.
  • Non hai indicios claros dun rebote a curto prazo e non debería habelo ata que a Xunta relaxe o case confinamento actual.
  • As medidas actuais parecen ser suficientes para que a cepa británica non dispare os contagios. Está por ver se tal contención mantense despois da aunciada relaxación das restricións.
  • O protagonismo da cepa británica está apoiado non só por análise da Xunta, que indica que a metade dos poucos casos que pode secuenciar xeneticamente son compatibles con ela. O brusco e inédito incremento de contagios en Nadal tamén robustece esta hipótese. Ademas, a taxa de letalidade é a máis elevada desde a primeira onda. Roza o 3% nos 30 últimos días en Galicia, cando a media de toda a pandemia en España anda polo 2,1%. Outro dato que é compatible coa cepa británica, pois o Ministerio de Sanidade recoñeceu que, probablemente, é máis letal.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Por vez primeira en todo o ano ningunha área sanitaria suma máis de 100 positivos nunha xornada. Ademais, todas baixan notablemente o seu cómputo de casos activos. De feito, Ourense convértese hoxe na primeira área en ter menos de 1.000 infectados.





A melloría é xeneralizada en todo o país. O que non quere dicir que haxa puntos negros concretos. Especialmente preocupante é o de Guitiriz, cunha incidencia acumulada superior a 2.000 e coa incidencia acumulada aínda crecendo. Máis información en detalle a nivel municipal e de áreas sanitarias nuns minutos en Galiciapress.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE