O rescate de autónomos e pemes dispoñible desde o xoves aínda que haxa débedas co fisco
A Lei de subvencións impide que os morosos coa Facenda Pública reciban subvencións. Con todo, agrupacións de hostaleiros pediran obviar esta norma e a Xunta aceptou finalmente.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este xoves o segundo plan de rescate para hostalería, autónomos e micropemes impulsado pola Administración autonómica para combater os efectos da covid-19, polo que llas axudas poderanse pedir de forma inmediata.
Unha pasada protesta de autónomos en Ferrol
Nun acto en Fisterra (A Coruña), en declaracións aos medios, Rueda reiterou, ademais, que a intención da Xunta é repartir as axudas "o máis rápido posible, do mesmo xeito que no primeiro plan".
RECIBIR DIÑEIRO PÚBLICO DEBENDO IMPOSTOS
"Serán 75 millóns que se unen aos 85 repartidos no primeiro plan, e queremos que chegue canto antes a quen agora teñen os seus negocios pechados. Necesitan a axuda das administracións e terán a da Xunta", dixo.
Finalmente, lembrou que esta convocatoria incorpora a novidade de que tamén poderán acceder ás axudas os titulares daqueles negocios que teñan débedas tributarias coas administracións públicas.
"Non era posible, pero á vista da situación tan complicada que hai, a Xunta fará unha excepción", resolveu.
Escribe o teu comentario