Un aparatoso incendio destrúe unha nave dedicada á reciclaxe do polígono de Vilar do Colo en Cabanas

Un incendio que se declarou sobre as 7,15 horas deste luns, 15 de febreiro, nunha nave situada no polígono de Vilar do Colo, no municipio de Cabanas (A Coruña), calcinou todo o que se atopaba no seu interior.

|

O lume declarouse á primeira hora desta mañá e as chamas calcinaron todo o que permanecía no seu interior. 


Os labores para a extinción do incendio son complexas polos materiais que se almacenaban na nave. 


Incendio nunha nave dedicada á reciclaxe no polígono de Vilar do Colo, en Cabanas (A Coruña).

Incendio da planta de Cabanas | Foto: EP


Un incendio que se declarou sobre as 7,15 horas deste luns, 15 de febreiro, nunha nave situada no polígono de Vilar do Colo, no municipio de Cabanas (A Coruña), calcinou todo o que se atopaba no seu interior.

O lume afectou ás instalacións da sociedade Ecoxestión de subproductos S.L., dedicada á reciclaxe, entre outros materiais de plásticos, o que dificulta os labores.

Ao lugar, acudiron Bombeiros de Ferrol, GES de Mugardos e Bombeiros do Eume, ademais de Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón, que enviou á zona uno dos seus camións escaleira.

Tamén se desprazaron á zona do incendio, na rúa Xetal deste enclave industrial, axentes da Garda Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE