​Álvaro Ratón dálle a volta á tortilla e afiánzase na portería do Real Zaragoza

O gardameta ourensán encadea dúas titularidades seguidas e gáñase os eloxios do técnico.


|

O gardameta ourensán encadea dúas titularidades seguidas e gáñase os eloxios do técnico.


ou00e1lvaro ratu00f3n zaragoza

Álvaro Ratón | Foto: Real Zaragoza


No fútbol profesionais, hai poucas barreiras máis altas que a que existe entre o porteiro titular e o suplente. Normalmente, os técnicos teñen claro quen é quen e que porteiro xógao todo e que porteiro debe conformarse coa Copa e con aproveitar as poucas opcións que lle brinde a vida: unha lesión, unha expulsión... ou un cambio de adestrador. Nesta última alternativa atópase o galego Álvaro Ratón, sempre á sombra de Cristian Álvarez pero que podería convencer a Juan Ignacio Martínez. A isto contribuíu, en gran medida, a lesión do seu compañeiro e rival por facerse coas luvas de o Real Zaragoza.


O cérbero xogara en apenas pouco máis dunha trintena de partidos desde que o gardameta rosarino aterrase na Romareda en 2017. Desde entón, case todos os técnicos déronlle prioridade por encima de Álvaro Ratón. Natxo González, Víctor Fernández, Lucas Alcaráz, Rubén Baraja... ata seis adestradores pasaron polo banco do cadro aragonés, e ata JIM ninguén lle daba a alternativa ao de Carballiño de forma tan decidida, aínda que en xaneiro a punto estivo de irse cedido á Segunda B.


Os últimos 180 minutos de xogo do Real Zaragoza tiveron a Ratón baixo os paus en dúas prazas dificiles como son a Rosaleda e a Nova Creu Alta e serviron para sumar catro puntos na marcadora dos maños. Tanto ante o Málaga como ante o Sabadell o ourensán callou grandes actuacións que lle valeron os eloxios do adiestrador.


"Ratón vén con toda a confinza. Xa xogara en Copa, con moi boas actuacións; estivo moi solvente", manifestou JIM, que tamén aludiu ao nivel que mostra nos adestramentos e que "fai mellor a Cristian". Levaba sen xogar desde a xornada 12 e agora encadea dúas xornada seguidas. As molestias de Álvares teñen preocupada á enfermería do Zaragoza. Pero agora, Ratón pode darlle a volta á tortilla e talvez Cristian Álvarez teña que competir de novo pola titularidade. A vontade de ferro de Ratón parece dar os seus froitos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE