Máis casos da cepa británica e a Xunta cre que dominará pronto, pero non hai máis restricións

A Consellería de Sanidade ten confirmados nestes momentos 14 casos de coronavirus de variante británica e un de cepa surafricana, aínda que estuda outros 200 sospeitosos.

|

Vigo (no brote do Meixoeiro), Lugo, Santiago e A Coruña son as áreas onde xa se confirmou a presenza desta variante máis contaxiosa


Sanidade estima que podería ser a máis presente en Galicia en cuestión de catro e oito semanas


Por agora, ante a melloría recente, o SERGAS non impón máis limitacións, aínda que tampouco as relaxa


Mu00e1quina para realizar PCR de saliva do SERGAS nunha imaxe da Xunta




A Consellería de Sanidade ten confirmados nestes momentos 14 casos de coronavirus de variante británica e un de cepa surafricana, aínda que estuda outros 200 sospeitosos.

LEVE E RECENTE MELLORA
Así o explicou este mércores a directora xeral de Atención Sanitaria, Carmen Durán, durante a rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados no comité clínico do martes, no que se constata que Galicia chegou a unha "situación de meseta" con "tendencia descendente", polo que se espera que a evolución sexa positiva nos próximos días.


O SERGAS cualificou as como boas noticias a evolución recente da pandemia en Galciai. Vista e leve melloría, a Xunta decidiu non impoñer novas restricións, a pesar de que hai áreas nas que o virus segue subindo, notablemente na de Pontevedra.

200 SOSPEITOSOS DE VARIANTES MÁIS 
Sobre a vixilancia especial das distintas variantes do virus, Galicia confirmou 14 casos de cepa británica e un de surafricana --o primeiro de España, en Vigo--. Ademais, estuda outros 200 casos sospeitosos de ser dalgunha das variantes coñecidas.


O conselleiro de Sanidade lembrou que os casos da cepa británica detectáronse en moitas zonas do país. Entre outras, Lugo e Santiago, onde primeiro identificáronse; pero tamén A Coruña e no brote do Hospital Meixoeiro de Vigo.


POUCOS MEDIOS PARA CONTROLAR As VARIANTES

A Xunta recoñeceu por fin a falta de medios para estudar ben as cepas. 


"Os sistemas de diagnóstico non permiten saber se é a variante británica ou non. Só 2 equipos son capaces de detectar a variante. Temos unha información pero non se é a variante británica ou doutro tipo. É certo que é un proceso lento, que analiza 30.000 parámetros e hai que esperar", explicou Julio García Comesaña,   .


O mandatario estima que "coa información actual entre o 8-10 % dos casos son da variable británica". O responsable de Sanidade apuntou tamén que é probable que haxa zonas de Galicia onde a porcentaxe sexa maior.


Comesaña estima que a porcentaxe de casos de coronavirus que son da cepa británica multiplícase cada semana por entre un rango de 1,5 e 2. É dicir, que como máximo se duplica cada sete días a proporción de positivos que son produto desta variante, máis contaxiosa.


PANORAMA PREOCUPANTE PARA PRIMAVERA

De seguir así as cousas, a cepa británica podería ser a dominante en Galicia en cuestión de "4 ou 8 semanas". Son moi malas noticias porque esta cepa demostrou ser capaz de propagarse moito máis rápido e, posiblemente, tamén ser máis mortal.


En cuestión de 4 ou 8 semanas non haberá suficiente poboación en Galicia vacinada para que a inmunización sexa capaz de reducir significativamente as taxas de contaxio. É posible, por tanto, que o ritmo de levantamento das restricións actuais teña que retardarse. 



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE