Conta atrás para a estación de autobuses de Santiago, cuxa demolición custará 1,5 millóns de euros

A demolición da ata o de agora estación de autobús de Santiago de Compostela custará 1,5 millóns de euros que correrán a cargo da Administración autonómica, que prevé licitar as obras no mes de marzo e que os traballos empecen no verán.

|

A contrucción da intermodal en Santiago de Compostela trae consigo o fin da antiga estación de autobuses da capital. 


A súa derriba dará paso a un novo edificio administrativo de San Caetano, cun gasto previsto de uns 29 millóns de euros. 


Estación de autobuses de Santiago


A demolición da ata o de agora estación de autobús de Santiago de Compostela custará 1,5 millóns de euros que correrán a cargo da Administración autonómica, que prevé licitar as obras no mes de marzo e que os traballos empecen no verán.

Unha vez finalizada a construción da nova estación, que forma parte do proxecto da intermodal da capital galega e á que faltan "pequenos" detalles para a súa entrada en funcionamento, a Xunta ultima o proxecto (redactado por IDOM) para botar abaixo a vella terminal, que será demolida integramente en orde inversa, é dicir, desde arriba cara abaixo.

Segundo explica a Administración autonómica, a demolición comezase coa zona das dársenas de autobueses e continuará polo volume da terminal de pasaxeiros, situada á altura da Praza de Camilo Díaz Baliño, fronte á sede da Administración galega no complexo de San Caetano.

Para salvar o desnivel entre a praza e a Avenida de Rodríguez de Viguri, manteranse os muros de contención de terras. Ademais, no caso de que fose necesario, o proxecto contempla a adopción das medidas necesarias para consolidar os elementos estruturais a través do apontoamento dos muros.

Unha vez executados os traballos de demolición, a Xunta prevé "avanzar" na execución do novo edificio administrativo de San Caetano, proxecto para o que a Administración autonómica estima gastar uns 29 millóns de euros, segundo as cifras publicadas hai ano e medio tras o concurso de ideas convocado para a ampliación do complexo.

Ademais, os traballos de demolición da antiga terminal tamén inclúen unha zona de dársenas para a parada de autobuses que empregan os empregados públicos para acudir ao seu posto de traballo. A parada estará na Avenida de Rodríguez de Viguri, fronte á actual estación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE