Galicia prohibe o uso de vestiarios e duchas dos ximnasios e instalacións deportivas
A a prohibición anunciada onte da celebración de competicións do deporte federado de carácter rexional súmase agora unhas nova restricións en ximnasios e instalacións deportivas.
A Consellería de Sanidade, no decreto de novas medidas para frear a evolución da covid-19, ordenou a prohibición de uso de vestiarios e zonas de ducha de ximnasios e instalacións deportivas excepto "nos casos estritamente necesarios".
Segundo recolle o decreto publicado no Diario Oficial de Galicia, e que entrará en vigor ás 00,00 horas do xoves, "en ningún caso" abriranse para os usuarios os vestiarios e zonas de ducha de centros e instalacións deportivas.
En todo caso, en situacións "estritamente necesarias", engade, poderán "habilitarse espazos auxiliares" para este fin. Estes espazos serán ocupados por un máximo dunha persoa --excepto aquelas que precisen asistencia-- e deberá procederse á limpeza e desinfección inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.
A práctica da actividade física e deportiva non federada ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas conviventes ou non, excluído o monitor.
Do mesmo xeito, nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividad deportiva de forma individual ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.
Como xa avanzou o conselleiro, Julio García Comesaña, este martes, quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico e os adestramentos terán as mesmas limitacións que para os deportistas non federados, isto é, máximo de catro persoas conviventes ou non e respectando tanto os peches perimetrais vixentes como o toque de queda nocturno.
Pola súa banda, as competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
Escribe o teu comentario