A cepa británica máis contaxiosa do coronavirus está en Vigo, A Mariña e Santiago; admite o SERGAS


Tras máis dunha semana sen informar da presenza da variante en Galicia, a Xunta apunta que chegou tamén a Vigo. Xa confirmara da súa presenza en Compostela e a sospeita A Mariña. Por agora, nada se sabe do caso en estudo dunha muller na Coruña do que informou no seu día o SERGAS.


|

Tras máis de unha semana sen informar da presenza da variante en Galicia, a Xunta apunta que chegou tamén a Vigo. Xa confirmara do seu presenza en Compostela e a sospeita A Mariña. Por agora, nada se sabe do caso en estudo dunha muller na Coruña do que informou no seu día o SERGAS.


A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confirmou oito casos de cepa británica en Galicia, segundo explicou nunha entrevista concedida a Europa Press.

Carmen Duru00e1n Parrondo en rolda de prensa nunha imaxe de arquivo da Xunta



MEDIA DUCIA NA MARIÑA

O maior número de casos corresponden aos da zona da Mariña lucense, un total de seis, que, atópanse, segundo precisou, no seu domicilio e en "corentena". "Como calquera outra persoa que tivese un positivo por PCR", apuntou. O SERGAS non confirmou en que municipio detectou a cepa británica, pero a prensa local sitúaos no Vicedo.


A Mariña é unha das comarcas con mais concellos en nivel de risco extremo. Xove é o municipio máis afectados na zona, con 99 positivos nas últimas dúas semanas.  Deles, 35 proceden dunha residencia de maiores, entre anciáns e unha ducia de traballadores.





Con todo, a incidencia acumulada neste pequeno municipio é altísima. Son case 2.500 positivos por cada 100.000 habitentes de Xove en 2 semanas, cando a media de Galicia é de 199 e a cidade en peor situación, A Coruña, está en 231. 


OUTRO CASO EN VIGO
A estes casos, dos que fontes sanitarias xa cualificaran como "compatibles" coa cepa británica, sumou outro en Santiago de Compostela --confirmado hai días polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña-- e un oitavo "en Vigo", precisou.


Dentro do empeoramento xeral, Vigo é por agora una das zonas que menos está a sufrir o repunte.

As MESMAS PRECAUCIÓNS
Sobre esta cepa, recalcou que é "unha mutación do virus". "Pero nada máis, non hai feitos fidedignos que demostren nada máis", apuntou en relación á posible repercusión do mesmo en canto á capacidade de contaxio ou incidencia na persoa afectada.

En calquera caso, insistiu en que hai que seguir as "mesmas" medidas que levan recomendando desde o inicio da pandemia, dixo citando, entre elas, o uso de máscara e a distancia social.


Consulta nesta táboa a evolución do covid no últimos cinco días en todos os concellos de Galicia:


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE