A maioría dos fogares galegos teñen dificultades para chegar a final de mes

A crise da covid reduce aqueles que afrontan os gastos habituais ou extraordinarios con facilidade

|

A confianza dos galegos na economía non é tan mala como na primavera, pero aínda así é moitísimo peor da que tiñan o ano pasado por estas datas.


Case seis de cada 10 fogares galegos chegaron con dificultade ou moita dificultade a final de mes durante o cuarto trimestre de 2020: o 47,49% con dificultade e o 9,99% con moita dificultade, segundo a enquisa conxuntural que publica este luns o  Instituto Galego de Estatística (IGE).

MENOS FOGARES SEN APRIETOS
No cuarto trimestre de 2020, mentres, o 42,52% restante dos fogares galegos chegaron con facilidade ou moita facilidade a final de mes.

Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese unha diminución de 5,64 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes.


Wgrafico






MÁIS HOGRES APURADOS
Aumentan, pola contra, a porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes (2,67 puntos) e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade o fin de mes (2,97 puntos).

En relación ao cuarto trimestre do ano 2019, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes diminúe 11,74 puntos porcentuais.

A porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes aumenta 6,51 puntos entre ambos os períodos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade crece 5,23 puntos.

GASTOS EXTRAS



O 41,72% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cinema, etcétera. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar permitiuse deixar de traballar.



O 12,39% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa, calzado, transporte, etcétera, excepto alimentación, no cuarto trimestre de 2020. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período. Ademais, o 12,28% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, comprando marcas brancas, produtos en oferta, etcétera.

O 43,09% dos fogares galegos ha pensado facer algún extra en produtos de alimentación no próximos tres meses, o 33,59% aforrar algo de diñeiro, o 26,98% saír a cear, a cafeterías, ir ao cinema ou ao teatro e o 11,43% facer algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado.

O 14,77% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habitan, o 8,72% o coche e o 2,50% unha segunda vivenda. Con respecto ao mesmo trimestre de 2019, diminuíu 0,84 puntos a porcentaxe de fogares que están a pagar a súa vivenda habitual.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE