Brote de coronavirus no Obradoiro CAB forza o aprazamento do seu partido contra o Estudantes
Non haberá enfrontamento Obradoiro CAB Vs Movistar Estudantes ata o xoves 21 de xaneiro, se todo vai ben. No aire queda o próximo compromiso, contra o Andorra.
O Monbus Obradoiro, que este martes anunciou un positivo por COVID-19 no seu persoal, confirmou a detección de cinco novos positivos no equipo, situación que levou á liga Endesa a suspender o seu próximo partido contra o Movistar Estudantes.
"Unha vez coñecidos os resultados, tal e como dita o protocolo aprobado pola ACB e o Consello Superior de Deportes, tanto os afectados como o resto do persoal permanecen illados nos seus domicilios e comunicouse de inmediato á liga, así como ás autoridades sanitarias competentes. Á espera dos próximos pasos a seguir, o club quere agradecer as diferentes mostras de ánimo recibidas", transmitiu o club galego nun comunicado.
Ante esta situación, o seu partido contra o Estudantes, que debía disputarse a próxima fin de semana, aprazouse ao xoves 21 de xaneiro ás 20.30 horas. Antes, o seguinte encontro que figura no seu calendario é contra o MoraBanc Andorra o 7 de xaneiro, un compromiso que agora queda no aire.
"Ademais, a disputa do partido entre MoraBanc Andorra e Monbus Obradoiro, correspondente á Xornada 17 e previsto para o xoves 7 de xaneiro ás 20:30, queda pendente en función dos protocolos sanitarios establecidos polas autoridades", sinala lal ACB.
Escribe o teu comentario