Descarrila en Oza-Cesuras un vagón de tren, pero non hai feridos entre os 19 pasaxeiros

|


O convoi cubría a liña entre A Coruña e Lugo e os feitos ocorreron na tarde do luns e os viaxeiros foron evacuados case dúas horas e media despois do sinistro. 


A vía permanece pechada e Adif prevé restablecer a circulación ferroviaria en torno ao mediodía deste martes.


Desarrilamiento oza cesuras


Vagon desarrilado | Foto: @G24noticias


Un vagón de tren que cubría a liña entre A Coruña e Lugo sufriu a pasada noite un descarrilamento con 17 viaxeiros a bordo, á parte do maquinista e o interventor, sen que ningunha persoa sufrise feridas, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Renfe.


En concreto, ás 20.21 horas do luns produciuse o descarrilamento do bogie dianteiro de autopropulsado do tren de Media Distancia 12642 A Coruña-Monforte de Lemos, no punto quilométrico 515/900.


Segundo informaron fontes do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), o descarrilamento do coche produciuse como consecuencia dun desprendemento de terras sobre a vía, á altura do termo municipal coruñés de Oza-Cesuras.


O centro de seguridade de Renfe e o persoal de Adif contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido e solicitaron medios para colaborar no transbordo das persoas que viaxaban no convoi para poder continuar co seu roteiro. Ás 22,43 horas os viaxeiros foron evacuados por estrada.


O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertou aos Bombeiros de Betanzos e a membros do GES de Curtis, ademais de axentes da Garda Civil.


CIRCULACIÓN DE TRENS CORTADA

Como o vagón descarrilado quedou na vía á espera de ser retirado, a circulación ferroviaria segue cortada, aínda que a previsión de arranxo está fixada ao redor das 12,00 horas do mediodía deste martes, segundo confirman fontes de Adif.


Como consecuencia deste corte da vía ferroviaria, a mañá deste martes resultaron afectados dous trens, cuxos viaxeiros, ao redor de cinco persoas, foron trasbordadas por estrada.


Así, resultaron afectados os viaxeiros do tren con saída da Coruña ás 6,38 horas e chegada prevista a Ourense ás 10,05; así como os do tren con saída de Monforte de Lemos (Lugo) ás 7,30 horas e chegada programada á Coruña ás 10,12. Todos eles foron trasbordados por estrada entre A Coruña e Lugo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress