Forte repunte en Vigo contribúe a máximo de positivos de coronavirus desde hai case un mes

Un considerable repunte de positivos no concello de Vigo torce o bo rumbo que levaba Galicia desde hai unha semana. Os 51 novos contagios nese concello contribúen a impulsar o total galego a 394 diagnósticos, a peor cifra en case un mes. Outra consecuencia é que todas as medias semanais e a dúas semanas rebotan.

|

Un considerable repunte de positivos no concello de Vigo torce o bo rumbo que levaba Galicia desde hai unha semana. Os 51 novos contagios nese municipio contribúen a impulsar o total galego a 394 diagnósticos, a peor cifra en case un mes. Outra consecuencia é que todas as medias semanais e a dúas semanas rebotan.


Así, a incidencia acumulada semanal ascende a 81 positivos por 100.000 galegos, un máis que onte. Abrindo o plano a dúas semanas tamén se ve unha subida, notable ademais, de 160 a 166 diagnósticos por cada 100.000 galegos.





O elevado número de positivos hoxe é en parte produto do récord de PCRs diarias. Xamais o SERGAS completara tantas, máis de 10.600. Cifra que empuxa a media diaria case a 8.000.


Ata a data en Galicia leváronse a cabo 1.072.702 PCR, o que implica que no último día fixéronse 10.613 probas, unha subida de 1.237 con respecto á xornada previa. 


Con tantísimas probas, é lóxico que caia a taxa de positividade. Con todo, sobe, a niveis non preocupantes, 3,7%; pero sobe significativamente respecto a as dúas xornadas anteriores.


MÁIS ENFERMOS

Repunta tamén o cómputo de infectados, un 1,6% máis que onte. Non crecía tanto desde principios de novembro. Son 88 enfermos diagnosticados máis, elevando o cómputo ata os 5.655. 





A subida de hoxe volve colocar a media semanal por encima de 0. O 0,1% de media móbil a sete días implica que, de media, cada xornada hai máis diagnósticos que a suma de altas e falecementos.


CIFRAS POR ÁREAS


Entre Vigo (111) e Santiago (103) suman máis a metade dos 394 positivos no país. Hai moito tempo que non había dúas áreas sanitarias por encima dos 100 diagnósticos nun día.


Os repuntes olívico e compostelán non se deben só a subidas nas súas cidades, aínda que o de Vigo cidade é moi preocupante, acumula máis do 25% de toda Galicia. Ademais das urbes, hai relevantes ascensos de positivos en concellos como Cangas ou Santa Comba. Análise en detalles dos datos a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.




Os datos de Sanidade volven sinalar a Vigo como a área sanitaria que reporta máis contagios, con 111 --29 máis--. En segundo lugar atópase Santiago-Barbanza, que supera xa o centenar e notifica 103 infeccións novas --42 máis que o día anterior--.

Tamén subiron os positivos nas áreas de Pontevedra-O Salnés, ata os 53 (+28); en Ourense-Verín-O Barco, ata 34 (+12); en Lugo-A Mariña-Monforte, 34 tamén (+8); e na de Ferrol, ata os 18 (+3).

Pola súa banda, A Coruña-Cee é a única zona que experimentou un descenso na detección de casos, con 41 novos en 24 horas --27 menos--.


CURADOS E FALECIDOS
Sanidade tamén recolle que desde o principio da pandemia diagnosticouse de covid-19 en Galicia a un total de 60.395 persoas, das que 53.391 curáronse, 357 nas últimas 24 horas.

Doutra banda, unha xornada máis as vítimas mortais da pandemia na Comunidade galega continúan en aumento e ascenden xa a 1.354 tras a morte de catro persoas notificada nas últimas horas, dúas delas relacionadas con residencias de maiores. 
 


IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (2)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE