Galicia segue mellorando as súas cifras de covid, pero os positivos semanais aínda a están en risco alto

A área sanitaria de Santiago mantense como os de máis casos activos, seguida de Vigo

|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia volven ser esperanzadoras. Son 299 positivos máis, pero o importante é que os indicadores semanais seguen baixando. Incluso a incidencia acumulada a dúas semanas descende.


Así, a incidencia acumulada a dúas semanas -un indicador moi pouco proclive a cambios de tendencia- encadea xa dúas xornadas seguidas caendo.  Pasa de 162 a 160 positivos por 100.000 galegos en 14 días.


Cinco xornadas consecutivas leva caendo xa a incidencia acumulada semanal. Hoxe baixa de 83 a 80 positivos por cada 100.000 galegos á semana.





A evolución da taxa de positividade tamén dá boas noticias. Leva dous días seguidos en tornoal 3%, algo que o SERGAS non lograba desde setembro. A media móbil a sete días é algo maior  pero o importante é que, en termos xerais, vai á baixa desde finais de novembro.


A caída de positivos non se debe a que a Xunta faga menos test. De feito, onte completou case 9.400, a terceira máxima cifra da pandemia.


A media de test diarios anda sobre os 7.700. O SERGAS non aparenta estar escaso de recursos para facer PCR. De feito, acaba de completar un cribado entre 800 persoas asintomáticas en Carnota sen atopar ningún positivo. Hai cribados masivos previstos noutras localidades como Rianxo.


Os CASOS ACTIVOS VOLVEN A CAER

A consolidación da melloría tamén se nota no cómputo de enfermos. Por cuarto día seguido a media semanal descende. De feito,  recupera algarismos negativos, aínda que sexa un discreto -0,2%. 





Isto débese en parte a que as cifras de hoxe reflicten unha caída do -0.7% hoxe, 88 casos activos menos, deixando o total en 5.565 infectados diagnosticados en Galicia.


CONCLUSIÓNS


Con todos estes datos sobre a mesa pódese deducir que:


  •  Galicia entra no Nadal co virus en retirada, tras o repunte de principios de decembro.
  •  Con todo, esa retirada aínda é recente e leve. Ademais, o avance do covid en zonas como Santiago, Arousa ou O Barbanza indica que a situación é dispar e que non se pode descartar un novo rebrote pronto, ao fío das reunións do Nadal.
  • A pesar da mellora, o risco de contaxio segue sendo alto. A situación nos hospitais non é comprometida. De acordo ao semáforo de alertas estatal, o nivel de alerta de Galicia segundo os diferentes indicadores é:



Incidencia acumulada semanal: risco alto, 80; pero non lonxe de baixar a risco medio (a partir de 75).

Incidencia acumulada a dúas semanas: risco alto; 160; pero non lonxe de baixar a risco medio (a partir de 150).

Taxa de positividade: risco baixo, 5,2%. O límite para baixar a nova normalidade é menos do 4%.

Ocupación de camas hospitalarias: risco baixo, 4,2%.  Aínda lonxe de poder baixar a nova normalidade, que é a partir do 2%.

Ocupación camas UCI:  risco baixo, 6,9%. O límite para baixar a nova normalidade é o 5%.



UGWvm incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia (10)




HOSPITALIZACIÓNS
Pola súa banda, a presión hospitalaria rexistrou, fronte á xornada anterior, un descenso. En concreto, hai hospitalizados na comunidade 341 pacientes con covid, 16 menos que a xornada anterior, mentres as persoas en UCI baixan en tres ata as 48.

Nesta última actualización, a área de Santiago-Barbanza segue sendo a que conta con maior número de hospitalizados, un total 81 --un máis que a xornada anterior--. Deles, cinco están na UCI, dúas menos.

A continuación atópase a da Coruña-Cee, onde se atopan 71 persoas hospitalizadas --sete menos--, e os pacientes en UCI sitúanse en 15 --o mesmo número que a xornada anterior--. Pola súa banda, na de Vigo hai 67 hospitalizados --sete máis--, once deles en coidados intensivos --dous máis--.

No caso da área de Pontevedra-Salnés, os últimos datos de Sanidade informan de 48 hospitalizados --dous menos que a xornada anterior-- e seis persoas en UCI, dúas menos. Na área de Ferrol hai 33 pacientes hospitalizados --catro menos que 24 horas antes--, dos que tres están en coidados intensivos, un menos.

Pola súa banda, os pacientes en hospitais de Ourense descenden a 28 --seis menos--, catro deles na UCI, o mesmo número que a xornada anterior. Finalmente, na área de Lugo-Mariña-Monforte hai 13 persoas en hospitalización --cinco menos que no parte anterior--, dos catro están na UCI, o mesmo número que na anterior xornada.

DATOS POR ÁREAS SANITARIAS
En canto ao balance na detección de casos, Galicia rexistrou 299 contagios nun día, 97 máis que os notificados o luns, tras realizar 9.376 probas, 2.519 máis que a xornada anterior.

Os datos de Sanidade sinalan que Vigo é a área que reporta máis contagios, cun total de 82 positivos --41 máis que na xornada anterior--. Séguenlle a área da Coruña, con 68, 58 máis respecto a a xornada anterior, e a de Santiago, con 61 positivos, 19 máis que nos contabilizados a luns. 


Coronavirus por concellos: A Coruña e Santiago entre os que máis empeoran, Boiro e Pontevedra entre os que melloran máis



 
A continuación está a área de Lugo con 26 positivos --doce máis--; a de Pontevedra, con 25 --14 menos-- e Ourense, con 22 positivos --22 menos que nas 24 horas anteriores--. En Ferrol, detectáronse 15 positivos, tres máis.

CURADOS E FALECIDOS
Sanidade tamén recolle que desde o principio da pandemia diagnosticouse de covid-19 en Galicia a un total de 59.944 persoas, das que 53.034 curáronse, 376 nas últimas 24 horas.

Doutra banda, unha xornada máis as vítimas mortais da pandemia na Comunidade galega continúan en aumento e ascenden xa a 1.350 tras a morte de catro persoas notificada nas últimas horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE