Boas noticias: a menor cifra de novos positivos desde o 6 de outubro permite baixar as medias
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son boas. A melloría leve da que Galiciapress leva varios días falando gaña cimentos. Terceiro día seguido que baixa a incidencia acumulada semanal. Ademais, o concello con máis problemas recentemente, Santiago, presenta hoxe unhas cifras esperanzadoras. O novo epicentro da pandemia en Galicia parece desprazarse á Illa de Arousa.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son boas. A melloría leve da que Galiciapress leva varios días falando gaña cimentos. Terceiro día seguido que baixa a incidencia acumulada semanal. Ademais, o concello con máis problemas recentemente, Santiago, presenta hoxe unhas cifras esperanzadoras. O novo epicentro da pandemia en Galicia parece desprazarse á Illa de Arousa.
Así, hai que remontarse ao 6 de outubro para atopar tan poucos novos positivos como hoxe, 202. Esta cifra axuda a afundir a incidencia acumulada semanal a 83 positivos por cada 100 galegos.
Como a melloría dura xa varias xornadas, empézase a deixar ver tamén na incidencia acumulada a dúas semanas. Hoxe baixa de 163 a 162 diagnósticos por 100.000 galegos cada catorce días.
Son caídas pequenas, pero significativas. A semanal porque encadea tres xornadas á baixa, algo inédito desde principio de decembro. A de 14 días porque é a primeira vez que cae nas últimas 11 xornadas.
Afiánzase pois un leve descenso, que tamén se ve na taxa de positividade. O 3% de hoxe é un gran rexistro, o segundo mellor desde principios de outubro. Contribúe a manter a media móbil a sete días no 4,2%.
NON É SÓ UN DATO PUNTUAL
Hai que ter en conta que os datos de hoxe martes proveñen na súa maioría das PCRs encargadas o domingo, o día con menos actividade. Isto explica en parte as excelentes cifras de hoxe, pero non de todo.
Se fose só unha melloría puntual, non baixarían as medias semanais e moito menos a incidencia acumulado a dúas semanas.
CASOS ACTIVOS ESTABILIZADOS
A cantidade de infectados non curados baixa hoxe, aínda que sexa poquísimo. Os 5.603 pacientes con infección activa son só 4 menos que onte, unha caída ínfima do 0,1%. Con todo, o importante é que a media semanal vai polo bo camiño.
O repunte de principios de mes elevou o crecemento diario hata un +0,3% de media. A leve melloría actual freouno primeiro e agora reduciuno ao 0%. É dicir, de media cada día hai o mesmo número de positivos que a suma de curacións e falecementos.
CONCLUSIÓNS
Con todos estes datos sobre a mesa, pódese concluír:
- Tras contratacar a principios de decembro, aproveitando o desconfinamiento de Santiago e Ourense, a pandemia está a perder brío outra vez.
- O virus leva perdiende terreo unha semana, aproximadamente. Este retroceso é aínda leve e recente, pero é xa unha tendencia visible.
- En todo caso, Galicia non sufriu durante o rebote de feixes uns días un crecemento tan brusco como noutros rebotes. Isto dá esperanzas de que ese rebote non se debese a ningunha cepa especialmente contaxiosa, como a bautizada no Reino Unido.
- O nivel de restricións máis alto da Xunta está a funcionar, vistas as mellorías en lugares como Boiro. Onte o SERGAS apostou pola prundencia, ampliou esas restricións a Rianxo e deixou confinadas todas as cidades salvo Ourense.
- Agora ben, os niveis de contagios seguen sendo preocupantes, especialmente en vésperas do Nadal. De acordo a o semáforo de alertas estatal:
A incidencia acumulada a dúas semanas esta en nivel de "risco alto"
A incidencia acumulada semanal está en nivel de "risco alto"
A taxa de positividade está en nivel de "risco baixo".
A ocupación hospitalaria está en nivel de "risco baixo" (4% de ocupación), segundo datos do Ministerio (a Xunta non os publica).
A ocupación das UCIS está en nivel de "risco baixo" (7% de ocupación), segundo datos do Ministerio.
DATOS POR ÁREAS
Unha das mellores noticias do día é que os novos positivos modéranse moito en Santiago de Compostela. A cidade ten só dúas máis que onte. Aínda así, a área sanitaria de Compostela - O Barbanza é a segunda que máis achega, 42 de 202 positivos.
Excelentes números hoxe na Coruña, con só 10 diagnósticos. Ourense é a que máis achega, en parte debido aos contagios detectados en San Cristovo de Cea e Pereiro de Aguiar.
Máis información en detalle sobre a evolución a nivel municipal e por áreas sanitarias nuns minutos en Galiciapress.
FALECEMENTOS
Destas cinco vítimas rexistradas nas últimas horas, dúas delas ocorreron na residencia Asilo Vilalba (Lugo). En concreto, morreron neste centro dous homes de 82 e 65 anos que estaban diagnosticados de covid-19.
Escribe o teu comentario