A cidade de Ourense dispara un 44% os seus positivos en só 10 días tras o alivio das restricións

O termo municipal de Ourense conta este luns cun total de 138 pacientes de covid-19, a mesma cifra que este domingo. Con todo, antes deste estancamento, a cidade encadeou cinco días de ascenso no número de casos activos.

|

O termo municipal de Ourense conta con 44 positivos máis que cando se decretou o fin do perímetro. Así, o SERGAS acaba de informar de 143 positivos en 14 días, cando o 5 de decembro eran 99. 


É dicir, en dez días o número de contagios aumentou máis dun 44%. A incidencia acumulada é duns 136 positivos en dúas semanas por cada 100.000 ourensáns. Leva catro xornadas seguidas de ascenso.  Aínda así, está por baixo da media de Galicia, que anda polos 156.




 


CASOS ACTIVOS

No referido a casos activos pasa un pouco o mesmo, este luns cun total de 138 pacientes de covid-19, a mesma cifra que este domingo. Con todo, antes deste estancamento, a cidade encadeou cinco días de ascenso no número de casos activos.


Ao alcalde parécelle "curioso" que haxa os mesmos datos de casos activos dous días seguidos. Hai que lembrar que os casos activos son o resultado de novos positivos menos altas e decesos. Por tanto, é perfectamente factible e normal que Ourense repita o seu cómputo total de casos activos. Por exemplo, se onte houbo 13 positivos máis e, á vez, o SERGAS deu trece altas.




Segundo publica na súa conta de Twitter o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a cidade das Burgas contaba con 104 infectados de coronavirus o pasado mércores, 9 de decembro, o que supuxo tocar fondo na segunda onda da pandemia. Pero, a partir dese día, a cifra dos casos activos rompeu a súa tendencia á baixa.


Así, xa eran 115 o xoves, 118 o venres, 130 o sábado e 138 o domingo e este luns, de acordo cos datos que lle facilita ao rexedor ourensán a Consellería de Sanidade.

A curva da terceira cidade de Galicia vai paralela á de Santiago de Compostela, cuxo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresou este luns que os datos da pandemia en son "extraordinariamente preocupantes", polo que advertiu que non se pode descartar unha "marcha atrás" nas restricións.

Precisamente, Ourense e Santiago de Compostela foron as dúas primeiras cidades en reabrir tanto o seu perímetro como os seus locais de hostalería e fixérono á vez o pasado 4 de decembro, fai xusto dez días e coincidindo co ponte da constitución.


UylLp coronavirus no concello ourense evoluci n recente nbsp



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE