Máis positivos que altas en Galicia ao fío dos rebotes de covid-19 nas urbes desperimetradas


O empeoramento do coronavirus en Galicia está a ser tan rápido que volve haber máis novos positivos que curacións. Os repuntes nas dúas primeiras cidades desperimetradas, Ourense e Santiago, son un dos factores deste rebote en vésperas do Nadal.


|

O empeoramento do coronavirus en Galicia está a ser tan rápido que volve haber máis novos positivos que curacións. Os repuntes nas dúas primeiras cidades desperimetradas, Ourense  e Santiago, son un dos factores deste rebote en vésperas do Nadal.


Así, hoxe Galicia suma 39 casos activos máis, un aumento 0,7%. Pode parecer unha cantidade pequena, e o é, pero é moi significativa, pois confirma o cambio de tendencia a peor. Fai tres semanas que non aumentaban os casos activos. Fai máis dun mes que non aumentaban tanto.





O cambio de tendencia apréciase tamén na media semanal. Hai unha semana a melloría tocou teito, cun -3,7%, e desde entón perde fol. É certo que, de media, aínda hai máis curacións que novos diagnósticos (-2,5%), pero o coronavirus demostrou xa varias veces o rápido que é capaz de dispararse unha vez que colle impulso.


Non será un problema só de casos activos? Non se deberá a que hai menos curacións porque hai menos enformos polo que, puntualmente, poden repuntar o cómputo de enfermos? Lamentablemente, non.


O REBOTE NÓTASE MESMO NOS DATOS A DÚAS SEMANAS

A incidencia acumulada semanal rebota por terceiro día consecutivo. E o que é máis grave, a incidencia acumulada a 14 días tamén rebota, por segundo día consecutivo. Non estamos pois ante un problema puntual. É algo que non pasaba desde principios de novembro, cando a Xunta se vió forzada a un endurecemento xeral das restricións.




A única que non rebota por agora é a taxa de positividade, a media semanal segue por baixo do 4%. Isto explícase en boa medida polo aumento de probas na última semana, produto á súa vez en parte dos cribados masivos que está a facer o SERGAS en lugares como Boiro ou Sarreaus.


A media actual anda nos 7.300 cando hai unha semana, cando a melloría parecía máis firme, a Xunta viña facendo uns 5.700. Isto indica que a Administración tamén está preocupada por estes repuntes e trata de contelos a base de cribados.


De onde provén este empeoramento? Nuns minutos Galiciapress publicará a súa análise por municipios e áreas sanitarias. En todo caso, unha primeira ollada confirma o diagnóstico anterior, os problemas máis graves están por agora sobre todo en Santiago de Compostela, Boiro, Vigo e Ourense.


O que é preocupante para o nadal. Santiago de Compostela e Ourense son as dúas priemeras cidades ás que o SERGAS lle levantou o perímetro. Son as dúas primeiras cuxos positivos han rebotado. Sirva como mostra a evolución dos positivos no Concello de Santiago:





Así as cousas, parece improbable, mesmo temerario, que os expertos do SERGAS aposten por máis desconfinamientos na súa reunión de mañá, aínda que o presidente da Xunta asegura que hai marxe.


A área sanitaria de Santiago de Compostela, que inclúe a Boiro, é a que máis positivos achega hoxe, 70 dos 323.  Ourense, que chegou a encadear unha semana con só unha ducia de positivos diarios, volve sumar máis de 30.




Mq8BG coronavirus no concello santiago evoluci n recente nbsp



FALECEMENTOS

A Consellería de Sanidade notificou os falecementos de seis persoas que estaban diagnosticadas de covid-19 e que xa contaban con patoloxías previas. Así, o total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase a 1.312. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE