Empregados do Santander protestan nas rúas da Coruña e Vigo polo ERE da entidade

Decenas de traballadores do Banco Santander mobilizáronse este sábado na Coruña e Vigo en rexeitamento ao ERE que aplicará a compañía e que en Galicia "supoñerá a destrución de 370 empregos" e o peche doutras 79 oficinas.

|

Protestas dos empregados do banco Santander ante o ERE anunciado pola entidade.


"Sabemos que hai traballo suficiente no banco, que non podemos seguir pechando oficinas, que aquí non sobre ninguén, e en todo caso falta unha adecuada xestión dos recursos", denuncian.


Protestas contra despedimentos no Santander


Decenas de traballadores do Banco Santander mobilizáronse este sábado na Coruña e Vigo en rexeitamento ao ERE que aplicará a compañía e que en Galicia "supoñerá a destrución de 370 empregos" e o peche doutras 79 oficinas.

A CIG advertiu que a única vía de negociación ten pasar por un acordo que garanta "unha saída digna" do colectivo afectado, a través de prexubilacións, para paliar esta "brutal agresión" que está a sufrir o persoal da entidade.

"Sabemos que hai traballo suficiente no banco, que non podemos seguir pechando oficinas, que aquí non sobre ninguén, e en todo caso falta unha adecuada xestión dos recursos", indicaron desde o sindicato.

Neste sentido, insisten en que o ERE "profunda drasticamente na reestruturación do sistema financeiro" que se rexistra nos últimos anos e instan a "frear a destrución de emprego e a perda de servizos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE