Pontevedra devolve a Polonia dúas obras de arte expoliadas polos nazis na II Guerra Mundial

O Museo de Pontevedra devolverá a Polonia dúas obras de arte que acaba de localizar entre os seus fondos. En concreto, trátase dun díptico formado por unha Virxe 'Dolorosa' e un 'Ecce homo' que foron expoliados de Polonia durante a ocupación nazi da II Guerra Mundial.

|

As dúas pezas, requisadas polos nazis durante a ocupación alemá de Polonia, atopábanse no Museo de Pontevedra. 


O Goberno de Polonia identificounas no seu día como parte das obras expoliadas polos nazis e agora regresarán aos seus lexítimos propietarios.


MUSEO ESPOLIO NAZI2




O Museo de Pontevedra devolverá a Polonia dúas obras de arte que acaba de localizar entre os seus fondos. En concreto, trátase dun díptico formado por unha Virxe 'Dolorosa' e un 'Ecce homo' que foron expoliados de Polonia durante a ocupación nazi da II Guerra Mundial.


As dúas pezas, atribuídas ao pintor holandés Dieric Bouts, chegaran ao Museo a través da colección Fernández López, pero a división de rastrexo de bens expoliados do Ministerio de Cultura polaco identificounas como parte das obras roubadas. 


"RESTITUCIÓN HISTÓTICA"

Deste xeito, segundo confirmou este venres o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, os cadros serán devoltas aos seus lexítimos propietarios "con orgullo e por reparación histórica" despois de coñecer a súa escura orixe.


Este venres en rolda de prensa César Mosquera asegurou que con esta devolución "estamos sumamente contentos" porque é "unha restitución histórica, reparar algo que foi un espolio a man armada, un abuso", subliñou o vicepresidente, para engadir tamén que despois de Nadal os dous cadros expoñeranse no Museo "para o público de Pontevedra e para darlle a despedida con todas as honras".


O director do Museo, Xosé Manuel Rey, foi o encargado de explicar con detalle na comparecencia de prensa o percorrido das dúas pezas.


Segundo indicou, a noticia da identificación como bens expoliados xurdiu durante o confinamento pola pandemia cando Mariusz Wisniewski, do Departamento de Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional de Polonia, contactou co Museo de Pontevedra para interesarse polo díptico.


PERCORRIDO DAS OBRAS

De acorde coa documentación que achegaba, as dúas pezas pertencían á Colección da Princesa Czartoryski en Goluchów que fora roubada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Ambas as pinturas, tras saír de Varsovia en 1944, reapareceron no comercio de arte de Madrid en 1973.


Rey explicou que as pinturas ingresaron no Museo de Pontevedra como depósito do coleccionista José Fernández López. Desde 1994 son propiedade do Museo despois da compra da súa colección (313 pinturas de autores e cronoloxía diversas) grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra.


"Descoñecemos onde e en que momento foron adquiridas por Fernández López, pero todo parece indicar que puido facelo nun dos establecementos da familia Maragall, a Sala Parés de Barcelona ou a Galería O Cisne de Madrid, das que era cliente habitual", apuntou o director.


A súa valoración rolda os 23.000 euros cada unha, ao facer unha estimación en base ao prezo pago por toda a colección Fernández López, uns 600 millóns de pesetas.

Coa finalidade de dispoñer dunha peritaxe especializada, o Museo de Pontevedra contactou con Ana María Diéguez Rodríguez, especialista en pintura flamenca e actual directora do Instituto Moll (Centro de Investigación de Pintura Flamenca radicado en Madrid e referencia para esta temática) quen apuntou como impresión preliminar que se trata das mesmas obras expoliadas.


"Nosa preocupación foi que o Ministerio de Cultura de Polonia recoñecésenos como adquirentes de boa fe, e obrar de acordo coa normativa internacional e co código deontolóxico de museos do ICOM (Consello Internacional de Museos)", subliñou o director do Museo.

Xosé Manuel Rey incidiu na honorabilidade do museo, á vez que engadiu que agora é o momento de "converter un problema nun éxito de colaboración entre as institucións pertencentes a ambos os países".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE