Baio pide axuda para buscar ao desaparecido e a Garda Civil di que se foi voluntariamente

A Garda Civil apunta a unha marcha voluntaria porque deixou unha nota para advertir de que se ía e o seu móbil permanece desconectado

|

Manuel Rodríguez deixou unha nota de despedida e apagou o seu teléfono, segundo a Benemérita. Voluntarios de Protección Civil, Garda Civil e Policía Local están a buscalo.


O dispositivo de procura aberto pola Garda Civil para dar con Manuel Rodríguez, o veciño de 54 anos desaparecido na parroquia de Baio, en Zas (A Coruña), céntrase en localizar o vehículo co que se marchou da súa vivenda á primeira hora da mañá do xoves.


Manuel Rodriguez nunha foto publicada polo Concello de Baio



Segundo informan a Europa Press fontes do Instituto Armado, na mañá deste vienres, na que non hai novidades sobre o seu paradoiro, hai despregadas patrullas de diversos efectivos por toda a comarca para tentar atopar o coche, un Daewo Nubira de cor azul con matrícula 4536CPS  segundo o concello local.





DENUNCIA O XOVES

Foi unha representante de familia quen na tarde do xoves presentou a denuncia no cuartel da Garda Civil, que con todo apunta a que a marcha de Manuel Rodríguez da súa vivenda foi voluntaria porque deixou unha nota advertindo de que se ía e o seu teléfono permanece desconectado desde entón.

Por isto mesmo, indican as mesmas fontes, non houbo despregamento dos cans do servizo Cinológico nin de drons, como noutros casos de desaparición. Si que o están buscando voluntarios de Protección Civil e da Polícia Local, segundo informa o Concello de Zas no seu facebook. 


Iso si, as autoridades xa solicitaron á xustiza a autorización para poder rastrexar as últimas posicións do seu móbil antes de que se apagase.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE