O SERGAS convida a preto de 20.000 persoas maiores de 15 anos de Moaña a someterse a unha PCR

O Sergas realizará un cribado masivo de COVID-19 en Moaña (Pontevedra) mediante probas PCR ás que se convidará a someterse a 19.900 persoas de 15 ou máis anos desde este xoves ata o vindeiro martes.

|

A situación epidemiolóxica en Moaña, como no conxunto dos municipios da ría de Vigo, aínda está lonxe de estar baixo control. 


Por iso, para tratar de coñecer as dimensións do problema, o SERGAS convidou a 19.900 veciños da localidade para someterse a un cribado de grandes dimensións desde este xoves. 


Test PCR


O Sergas realizará un cribado masivo de COVID-19 en Moaña (Pontevedra) mediante probas PCR ás que se convidará a someterse a 19.900 persoas de 15 ou máis anos desde este xoves ata o vindeiro martes.


Segundo detallou a xerencia do Área Sanitaria de Vigo, instalaranse seis carpas na praza do Mercado de Abastos da localidade para que as persoas citadas poidan desprazarse en vehículo ou a pé. Así, un equipo de 14 profesionais xestionará o proceso desde as 8,30 ata as 19,30 horas.

Esta medida foi adoptada ante a elevada incidencia de COVID-19 mantida nos últimos 14 días en Moaña. Deste xeito, búscase captar o maior número de persoas infectadas que non presenten sintomatoloxía ante o risco que supoñen para a saúde pública dado que continúan a súa vida diaria e poden contribuír á propagación do virus.


O Sergas habilitou dúas modalidades de recollida de mostras para realizar a proba PCR, a autotoma de saliva e a nasofaríngea. As persoas de entre 15 e 70 anos recibirán un kit cun tubo xunto coas indicacións precisas para que poidan realizar unha recollida de saliva nos seus domicilios.


En concreto, deberán recoller un 1 mililitro de saliva ao levantarse, en xaxún, sen tomar auga e sen lavarse os dentes. Ao día seguinte, deberán entregar o tubo no dispositivo que se habilitará xunto á confraría.

Posteriormente, as mostras procesaranse no Hospital Álvaro Cunqueiro mediante a técnica de 'pooling, que permite a agrupación de varias nun mesmo análise. Mentres, tomarase unha mostra nasofaríngea ás persoas maiores de 70 anos ou ás que presenten máis dificultades para producir saliva.


O Sergas contactará coa poboación de Moaña para convidala a realizarse a proba diagnóstica PCR, que será voluntaria. Para iso, facilitaráselle unha cita para acudir ao dispositivo sanitario no que se tomarán as mostras.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE