A primeira fase do cribado de Boiro destapa 30 positivos segundo o SERGAS, o que representa en torno ao 1% de positividade

Un total de 30 casos positivos foron detectados ata o momento nos cribados desenvoltos esta fin de semana polo persoal de enfermería da área sanitaria de Santiago e O Barbanza no municipio coruñés de Boiro.

|

Segundo as contas do SERGAS, preto de 2.800 persoas (o 80% dos chamados a realizar o test) acudiron á cita das PCR no Concello de Boiro.


Desas case 3.000 probas, unha trintena lanzou un resultado positivo, o que significa que só o 1,07% das persoas que se someteron ao cribado tiñan coronavirus. Mentres, seguen os cribados na localidade, especialmente aqueles vinculados a empresas. 


Proba de PCR a colectivos especialmente expostos



Un total de 30 casos positivos foron detectados ata o momento nos cribados desenvoltos esta fin de semana polo persoal de enfermería da área sanitaria de Santiago e O Barbanza no municipio coruñés de Boiro.


Segundo informou a xerencia, as probas contaron coa asistencia dun 80% dos citados mediante un SMS, no que se indica a hora e o lugar. Ademais, tamén se lles envía un código QR para a identificación do persoal.

A área sanitaria sinalou que, debido ao incremento de casos neste concello e co obxectivo de detectar persoas afectadas con covid aisintomáticas, este martes está a realizarse un novo cribado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE