Datos coronavirus: a caída de positivos semanais preto de poñer a Galicia en "risco medio"
É dicir, que Galicia está a un paso de lograr o ansiado 5%. O que tamén é certo é que o SERGAS baixou moito o seu esforzo en PCRS. A media está nuns 5.700, cando chegou a alcanzar uns 8.500. A melloría tamén se nota nos casos activos. Os 6.726 infectados hoxe son 222 menos que no último cómputo.
As últimas cifras do coronavirus a nivel galego corraboran a boa evolución. Ningunha área sanitaria chega aos 100 positivos e caen todos os indicadores. Tamén a taxa de positividade, a pesar de que o SERGAS está a facer cada vez menos PCR.
Así, os 277 casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas empuxan a incidencia acumulada semanal a 76 diagnósticos por cada 100.000 galego. A menor cifra do 5 de outubro.
Abrindo o foco ados semanas, a incidencia acumulada cae a 178, a menor cifra desde o 19 de decembro.
Estes dous indicadores levan baixando desde pouco despois do endurecemento das restricións na ponte de Todos os Santos, aproximadamente e con ligerísimos rebotes.
Se seguen baixando así, mañá Galicia podería estar por baixo de 75 positivos á semana. Isto supoñería baixar a "risco medio" neste indicador de acordo ao semáforo de alertas estatal.
Por agora a incidencia acumulada semanal segue en "risco alto" e tamén a de dúas semanas. A positividade hai tempo que está en "risco baixo", de acordo ao semáforo de alertas que pactaron Estado e autonomías.
Provocará o alivio das limitacións desde este venres algún rebote? É posible, pero é moi pronto para sabelo. De suceder, debería empezar a verse nunha semana, aproximadamente, sobre todo nas cidades de Ourense e Santiago, primeiras sen perímetro.
Outro factor que axuda á caída de positivos é a menor cantidade de PCRs. Con todo, non se pode afirmar que a baixada de diagnósticos sexa artificial, ou polo menos que se explique só polo menor volume de PCRs que fai o SERGAS.
De selo, debería repuntar a taxa de positividade. Pola contra, está a baixar.
De feito, hoxe está por baixo do 5%, o indicador da OMS para considerar un foco en vía de control. O 4,1% de PCRs positivas onte afunde a media semanal ao 5,2%. Media que leva xa case unha semana nun rango de entre o 5,1% e o 5,5%. É dicir, que Galicia está a un paso de lograr o ansiado 5%.
O que tamén é certo é que o SERGAS baixou moito o seu esforzo en PCRS. A media está nuns 5.700, cando chegou a alcanzar uns 8.500.
A melloría tamén se nota nos casos activos. Os 6.726 infectados hoxe son 222 menos que no último cómputo. Non había tan poucos desde o 24 de outubro. A caída de onte foi do -3,2%, de media semanal cada día os casos activos caen algo máis do 2%.
Son case todas boas noticias hoxe. A nivel de áreas sanitarias, non hai ningunha que chegue aos 100 casos. Vigo, iso si, segue sendo a que máis achega. Un de cada tres positivos diagnosticados foron en Vigo.
O único borrón hoxe é a cifra de hospitalizados en planta, que rebota en 5 máis tras moitos días á baixa. Notable a caída tamén de enfermos en UCI. Quedan 64, cando nesta onda chegou a haber máis de 100. En Lugo, só queda unha persoa en coidados intensivos por covid-19.
FALECEMENTOS
Desgraciadamente, parte do progresivo alivio nos hospitais explícase polo tráxico aumento do cómputo de mortes. As vítimas da pandemia en Galicia eleváronse a 1.250 despois de que a Consellería de Sanidade notificase este sábado catro novas mortes, dúas delas relacionadas coa residencia Asilo de Vilalba (Lugo).
Escribe o teu comentario