Aparecen catro 'aneis milagrosos' do século X en San Estevo de Ribas de Sil cunha misteriosa inscrición

Un equipo de restauración que realizaba o seu labor nos retablos-relicarios laterais da igrexa de San Estevo de Ribas de Sil localizou, entre os restos dos nove bispos santos alí enterrados, catro aneis que, segundo a tradición, poderían ser os 'aneis milagrosos' destes bispos, en paradoiro descoñecido desde hai séculos.

|

Había referencias históricas sobre as xoias 'milagrosas' dos "nove Santos Bispos" enterrados o Monstario de Ribas de Sil. Con todo, levaban séculos, poida que un milenio, perdidos, ata o de agora.


Un equipo de restauración que realizaba o seu labor nos  relicarios laterais da igrexa de San Estevo de Ribas de Sil localizou, entre os restos dos nove bispos santos alí enterrados, catro aneis que, segundo a tradición, poderían ser os 'aneis milagrosos' destes bispos, en paradoiro descoñecido desde hai séculos.

Segundo informa o Bispado de Ourense, o defunto cóengo arquiveiro da Catedral de Ourense, Emilio Duro, fala na súa monumental obra sobre o mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil, publicada en 1.977, dos nove santos bispos galegos que alí morreron.

 




 

No proceso de canonización sobre a vida, milagres e veneración e culto público dos corpos e reliquias destes nove bispos faise referencia aos milagres obrados polos aneis, aínda que sen indicar de cuantos trátase. En concreto, preséntanse varios casos de curación, entre os que destaca o da afillada de Bautista Celma, mestre rejero, cega de nacemento.

ESTABAN ENTRE Os ÓSOS DUN BISPO
Tras varios séculos perdidos, as obras de restauración dos relicarios laterais do altar maior, onde se atopan os restos dos nove santos bispos, localizaron un elemento patrimonial que poderían ser estas xoias perdidas.

Durante os traballos iniciais foi aberta a urna que se conservaba no relicario esquerdo, onde se conservan os restos de catro dos santos bispos. A urna preséntase dividida en catro compartimentos, que presuntamente conservan as reliquias dos catro. Nun dos compartimentos, entre as reliquias óseas, atopouse unha bolsa de tea (probablemente seda) con bordados en fío de ouro. Ante a sorpresa dos presentes, dentro da pequena bolsa atopábanse catro aneis de prata con pedras de diversa calidade e dous documentos escritos.

SORPRENDENTE PERGAMIÑO
Un deles é unha pequena etiqueta en pergamiño, que debía recoller os catro aneis. 


Na parte interna da mesma aparece un texto no que se pode ler: "Estes quatro aneis son dos que quedaron dos nove Santos Bispos. Son os que quedaron. Os demais desapareceron. Por eles pásase auga para os enfermos e sandan mu[chos]".


"O feito de ser atopados entre as reliquias dos Santos Bispos, unido á brevísima documentación presentada son indicios importantísimos. Atopámonos ante os aneis milagrosos desaparecidos? A esta pregunta poderá responder soamente un estudo serio das fontes históricas xunto con investigadores especializados en xoias medievais e en tecidos antigos", conclúe o Bispado


O Mosteiro conserva un dos poucos claustros románicos do país. Entre os séculos X e XII o lugar alcanzou unha gran popularidade, sendo centro de peregrinacións. Movementos impulsados polas tumbas de  os nove bispos que morreron alí tras renunciar aos seus cargos e que conseguiron fama de santidade


A primeira mención aos bispos e ao seu culto dos seus aneis é de 1.220 nun documento de Alfonso IX , segundo un artigo de Manuel A. Castiñeiras.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE