A melloría acelera e Galicia é a única autonomía en "risco medio" de coronavirus na Península

Por exemplo, os 4.446 cuxos resultados coñecemos hoxe son moitos menos que a media actual duns 6.700 ao día.Con todo, dado que a taxa de positividade non repunta, ao contrario, e que a incidencia acumulada a 14 días baixa, podemos afirmar que a melloría non é produto de menos probas. Melloría que permite a Galicia ser a única autonomía peninsular con nivel de "risco medio", de acordo ao semáforo de alertas oficial. 


|

Os últimos números do coronavirus en Galicia volven ser bos, moi bos mesmo. Por segundo día consecutivo os positivos non soben de 240, algo que non pasaba desde principios de febreiro. Ademais, a taxa de positividade segue aproximándose ao ansiado 5%.


Así, os 239 novos diagnósticos de onte, só 1 máis que antonte, contribúen a que a incidencia acumulada baixe a 95 positivos por 100.000 galegos á semana. Hai un mes este indicador estaba case no dobre. Leva descendendo desde mediados de novembro.





A baixada da incidencia acumulada a dúas semanas é máis prolongada, desde inicio de mes, e constante. Estamos en 225 positivos por 100.000 galegos cada catorce días. Este indicador acelerou a súa caída recentemente.


Con todo, quizá a melloría máis importante destes días é o importante descenso da taxa de positividade. Poida que os 5,4% de test positivos de onte sexan a peor cifra en catro días, pero aínda así axudan a afundir a media semanal ao 5,5%. 


Hai que lembrar que a mediados de novembro Galicia estaba polo 8%. A caída é pois notable e aproxímanos ao ansiado 5%, o máximo que indica a OMS para estimar que un foco está en vías de control.


160 CASOS ACTIVOS MENOS

No referido á cantidade de infectados, o rumbo tamén é firme. Os casos activos baixan un 2%, contribuíndo a manter a media semanal nuns -0,7% enfermos cada xornada.  Os 7.646 casos activos que quedan son 160 menos que o cómputo de onte.





A media de variación leva en algarismos negativos xa 19 días. Isto confírmanos que a melloría actual é moito máis robusta que a de setembro, aquela cernada polo impacto dunha terceira onda en outubro (se consideramos o aumento de casos en agosto como unha segunda onda).


CIFRAS POR ÁREAS SANITARIAS

A mellor noticia do día provén do concello de Lugo. A cidade abandona o nivel de alerta máxima de acordo ao indicador de incidencia acumulada a 14 días. Só quedarían Vigo e Pontevedra no peor dos niveis do semáforo de alertas pactado por Estado e comunidades. Máis detalles sobre a evolución territorial do covid-19 a nivel municipal no mapa que a diario actualiza Galiciapress.


A nivel de área, Lugo  suma 38 novos positivos. Excelente é a cifra de Ourense (10) e boas tamén resultan as de  Ferrol (12) e Santiago (25, dous máis que onte).


Pola contra, a área viguesa sumou 69 casos de covid-19 nun día, 35 máis que os notificados 24 horas atrás; mentres que a pontevedresa, a pesar de ser a segunda en número de novos contagios, con 49, anotou unha baixada de cinco.  A da Coruña-Cee, 36 (-26).


A maioría de áreas sanitarias está nos datos de hoxe por baixo do 5% de test positivos, con Ferrol no 2,6%, Ourense no 3,1%, e Pontevedra e Santiago no 4,6%. Estiveron por encima Vigo (5,8%), A Coruña (7%) e Lugo (7,2%).  





Con todas estas cifras sobre a mesa, podemos asegurar que a melloría de Galicia é firme, mesmo está a acelerar. Vistos os números de Ourense e Santiago, é moi posible que en cuestión de horas o comité de expertos alivie as súas restricións. No lado oposto, a melloría de Vigo e Pontevedra aínda parecen demasiado incipientse.


Hai que valorar que este panorama é produto en parte das cifras das PCRs encargadas sábado e domingo, cuxos resultados coñecemos luns e martes. As fins de semana, o SERGAS adoita encargar moito menos test. Por exemplo, os 4.446 cuxos resultados coñecemos hoxe son moitos menos que a media actual duns 6.700 ao día.


Con todo, dado que a taxa de positividade non repunta, ao contrario, e que a incidencia acumulada a 14 días baixa, podemos afirmar que a melloría non é produto de menos probas. 


SÓ MELLOR EN CANARIAS 

Melloría que permite a Galicia ser a única autonomía peninsular con nivel de "risco medio", de acordo ao semáforo de alertas oficial.  Canarias, que xa está en "risco baixo" é a única comunidade con menos coronavirus que a nosa autonomía.






HOSPITALIZADOS

O número de hospitalizados en Galicia descende ata 461 e os que permanecen en UCI redúcense a 69.  A área sanitaria Santiago de Compostela é a única na que aumentaron os ingresados en planta e coidados intensivos respecto ao anterior balance.


CURADOS E FALECIDOS
Sanidade tamén recolle que desde o principio da pandemia diagnosticouse de covid-19 en Galicia a un total de 52.472 persoas, das que 43.618 curáronse, 425 nas últimas 24 horas.

Con todo, continúa subindo a cifra de mortos que deixa a crise sanitaria na Comunidade galega, que ascende a 1.211 tras as seis novas vítimas notificadas este martes--una delas era usuaria de residencias de maiores--. 


No mes de novembro faleceron 297 galegos con coronavirus, case 10 ao día.  Afortunademente, a curva de decesos diarios  en Galicia empeza a dar indicacións dun descenso.








IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (28)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE