Educación promete 5.000 prazas nas oposicións docentes para 2021 e 2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade anunciou unha nova oferta pública de emprego con polo menos 1.500 prazas docentes. Estas cifras, que se buscan compensar esencialmente as xubilacións rexistradas no sistema educativo, acumularanse nun único proceso selectivo xunto coas correspondentes ao ano 2022 e que se celebrará ese mesmo exercicio.

|

Máis de 25.000 persoas presentáronse ao proceso selectivo para as diferentes prazas. onvocadas convocadas este ano. Para o próximo  acumularanse coas que se convoquen para 2.022, di o conselleiro.


A Consellería de Cultura, Educación e Universidade anunciou unha nova oferta pública de emprego con polo menos 1.500 prazas docentes. "Sumadas ás 3.600 xa convocadas, suman máis de 5.000 prazas xa comprometidas para os anos 2021 e 2022", promete o Goberno. 


Probas de oposición en Silleda




NON SE AMPLÍA PERSOAL

Estas cifras, que se buscan compensar esencialmente as xubilacións rexistradas no sistema educativo, acumularanse nun único proceso selectivo xunto coas correspondentes ao ano 2022 e que se celebrará ese mesmo exercicio.

Así o avanzou o titular do departamento autonómico, Román Rodríguez, durante a súa comparecencia para informar dos orzamentos da Consellería para o próximo ano, que ascenden a 2.698 millóns de euros e sobe un 6,60 por cento.


O mandatario tamén anuncia a creación dun hub das industrias creativas galegas coa participación do sector, protexendo as estruturas empresariais e o acceso da cidadanía á cultura.





 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE