​A asturiana UD Llanera será o primeiro rival do Celta en Copa do Rey; Ribadumia – Cádiz e At. Pulpileño - CD Lugo

Ao cadro celeste caeuna “un dos cocos” desta primeira rolda copeira ao caer ante un rival de Terceira División e non de rexional. 


|

Ao cadro celeste caeuna “un dos cocos” desta primeira rolda copeira ao enfrontarse ante un rival de Terceira División e non de Rexional.


Copa do rei



O modesto Pepe Quimará acollerá nas súas bancadas os primeiros pasos de o Celta de Vigo nesta edición da Copa do Rey. A UD Llanera, un club asturiano de Terceira División, será o primeiro rival do cadro celtiña, que non terá que facer un gran desprazamento nesta ocasión.


O sorteo de Copa evitou que o Celta se mida a un dos equipos a priori máis fáciles desta competición, xa que nesta rolda moitos equipos de Primeira enfrontaranse a clubs de categoría Rexional, como é o caso do Cardassar balear, que recibirá ao Atlético de Madrid, ou o propio Ribadumia, que coa súa histórica clasificación medirase en casa ao Cádiz, todo un premio para os raparigos de Luís Carro.


Máis lonxe, ata Almería, terá que viaxar o CD Lugo. Os lucenses teñen de rival a o Club Atlético Pulpileño, un equipo con poucos anos de historia pero que en pouco tempo fíxose un habitual da Terceira División española e ao que a pandemia truncou o ano pasado de dar o salto á Segunda División B. 


MÁIS ENFRONTAMENTOS

Pola súa banda, os equipos galegos de Segunda B tiveron sorte dispar. O Deportivo da Coruña tamén se medirá a un rival do sur de España, o Poli Ejido 2012, pero farao no estadio de Riazor. O Ourense recibirá tamén en casa a un dos equipos máis fortes da Segunda División, o CD Leganés, mentres que o Coruxo terá que medirse en O Vao a todo un Málaga, un dos equipos revelación neste arranque de tempada.


O Pontevedra CF tampouco se moverá de Pasarón e tamén recibirá a un rival da categoría de prata como é o Cartaxena, comandado por un incombustible Rubén Castro. A que si terá que coller o avión será a SD Compostela. O Compos viaxará ata Eivissa para cruzarse ante a UD Ibiza, un dos equipos chamados a dar batalla este ano por lograr o ascenso a Segunda División pero ao que espera meter man o cadro dirixido por Yago Iglesias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE