Alerta vermella en Santa Comba, Ponteceso, Vilalba, O Carballiño e Verín por coronavirus; melloría en Neda, Cangas e Moaña.

Ingresan no grupo de concellos marcados en vermello Santa Comba, Ponteceso, Vilalba, O Carballiño e Verín

|

O número de municipios en alerta máxima por casos de covid volve situarse este domingo en 50 ao elevarse o grao de aviso nos concellos de Santa Comba, Ponteceso, Vilalba, O Carballiño e Verín, mentres que se rebaixa en Neda, Cangas e Moaña.


Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 7 días




Así as cousas, coa actualización este domingo do mapa de alertas que cada día colga na súa páxina web a Consellería de Sanidade, hai medio centenar de concellos marcados en vermello (máximo nivel de alerta) e outros 25 no segundo grao de aviso, o laranxa.

ALERTA VERMELLA
Deste xeito, O Carballiño e Verín, dúas dos concellos que levaron a dianteira en canto a medidas restritivas este outono pola incidencia do virus, volven figurar en vermello. Estes dous municipios ourensáns encadean varios días entrando e saíndo do grupo de localidades marcadas en vermello no mapa do Sergas. En total, son cinco os municipios neste nivel da provincia de Ourense: Ribadavia, Xinzo de Limia, O Carballiño, Verín e a propia capital provincial.

Coa actualización deste domingo A Coruña figura como a provincia con maior número de concellos en máxima alerta tras varias xornadas nas que foi Pontevedra, que só presenta como novidade a saída do 'vermello' de Cangas e Moaña.

Deste xeito, ao elevarse o grao de alerta en Ponteceso e Santa Comba e degradarse en Neda, na Coruña hai 20 concellos que figuran en vermello no mapa de avisos do Sergas: Ferrol, Narón, Fene, Pontedeume, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Santa Comba, Ordes, Santiago, Ames, Teo e Noia.

Pola súa banda, en Pontevedra son 19 os concellos con máxima alerta ao existir a única novidade respecto ao domingo do pase ao 'laranxa' de Cangas e Moaña. Os municipios pontevedreses en vermello son Cambados, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Por último, na provincia de Lugo elévanse a seis os municipios en vermello, coa novidade de Vilalba, que se suma a Cervo, Lugo, Chantada, Viveiro e Burela.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Santiago --máis de 112--, Lugo --máis de 112--, Ourense --máis de 120--, A Coruña --máis de 276-- e Vigo --máis de 332--.

NIVEL LARANXA
No segundo nivel de alerta atópanse 25 municipios galegos --mesmo número que o sábado--, concentrados, do mesmo xeito que ocorre cos concellos marcados en 'vermello', nas provincias de Pontevedra e A Coruña, que contan respectivamente con 9 e 13 localidades en aviso laranxa.

Así, en Pontevedra ingresan este sábado no grupo da alerta laranxa A Estrada, Cangas, Moaña, O Rosal e Salceda de Caselas, que se suman a Cuntis, Caldas de Reis, Bueu, A Estrada, Ponte Caldelas, Baiona, Tomiño e A Cañiza.

Na Coruña, as novidades son a saída de Mugardos, Ares, Cerceda, Ponteceso, Santa Comba e Melide, o regreso de Boqueixón e a entrada de Neda e Ribeira, que acompañan a Valdoviño, Sada, Laxe, Zas, Cee e Porto do Son.

En Lugo hai este domingo un só municipio en cor laranxa, Monforte, logo de que Guntín e Pas de Reis pasen a estar en amarelo. En Ourense tamén se reducen a dous os concellos no segundo grao de alerta: Barbadás e A Rúa. 


Mapa semáforo do Sergas polo covid ao 8 de novembro



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE