Pedro Rey (Vigo) vs. José Manuel Díaz (Ourense), probable competición por liderar a patronal galega tras anos de deriva

O primeiro preséntase como un "home de paz", mentres o segundo expón os seus motivos este xoves en rolda de prensa

|

As confederacións provinciais e sectoriais empezan a manobrar para logar tomar cota de poder nunha directiva que o terá moi difícil. A CEG perdeu moito peso debido ás súas pelexas internas pero agora ten unha gran oportunidade para reactivarse.

 



O vigués Pedro Rey e o ourensán José Manuel Díaz Barreiros perfílanse como aspirantes a presidir a confederación de empresarios de Galicia (CEG), cuxas eleccións --que teñen de prazo ata o día 17 para presentar as candidaturas-- celébranse o próximo 24 de novembro.


Pedro Rey e Josu00e9 Manuel Du00edez, probables candidatos á CEG

Pedro Rey e José  Manuel Díez, probables candidatos á CEG



UNHA GUERRA CIVIL DE MOITOS ANOS

A patronal galega leva case tres anos en situación de interinidade ao chegar ata en dúas ocasións á cita electoral sen que ninguén dese o paso de presentarse como candidato. Neste período foi o máximo responsable da confederación coruñesa, Antonio Fontenla, quen, por razóns de idade, exerceu como portavoz, pero sen funcións executivas.


A 20 días de que os empresarios galegos volvan votar para elixir quen se pon á fronte da organización, tanto Pedro Rey como José Manuel Díaz Barreiros postúlanse, aínda que o fan con matices e á espera das conversacións que manteñan os próximos días co empresariado galego.


REY PRESÉNTASE COMO UNHA PERSOA DE CONSENO

Por unha banda, o presidente da Confederación Española de Empresas de Formación, Pedro Rey, en declaracións a Europa Press, destaca que o seu é unha "posta a disposición" e que se presentará "sempre que haxa consenso". "Teño fama de home de paz", sinala.


Así, avoga por "chegar a un acordo o máis amplo posible" e rexeita a "confrontación electoral". "Non veño enfrontarme, veño unir e a multiplicar", subliña. Por iso, dará un paso ao carón, segundo di, se outra candidatura "ten máis consenso" que a súa.

Neste escenario, valora "que haxa candidatos", despois de que a confederación ourensá haxa mostrado o seu apoio á intención de José Manuel Díaz Barreiros de presentar a súa candidatura.

Con el falará "encantando" nos próximos días, afirma Rey, quen asegura que por agora non tivo tempo e que, pola súa banda, sente "apoiado" polas provincias de Pontevedra e A Coruña, tras falar con Antonio Fontenla e Jorge Cebreiros (presidente este último da confederación pontevedresa). "Se dou o paso tiven que falar con moita xente", apostila.

Asegura buscar "a integración de provincias e sectoriais", un dos enfrontamentos que bloqueou o funcionamento da patronal galega durante os últimos anos.

Tamén, aínda que ve "prematuro" lanzar as súas propostas para o próximos catro anos da CEG, apunta á necesidade de "modernizar" os seus estatutos e outras cuestións como as relativas ao xénero e á representación das mulleres na organización.


UN OURENSÁN CON EXPERIENCIA NA CEG

Pola súa banda, o empresario ourensán José Manuel Díaz Barreiros obtivo na última xunta directiva da confederación de Ourense o apoio unánime á súa proposta para presentarse ao proceso electoral da CEG.

Respecto diso, comparecerá este xoves en rolda de prensa, para explicar as motivacións da súa decisión de postularse como candidato a dirixir a confederación de empresarios de Galicia, acompañado pola presidenta nesa provincia, Marisol Nóvoa, e o vicepresidente Alejandro Cruz.

José Manuel Díaz pertence aos órganos de goberno da CEG e durante o mandato do falecido José Manuel Pérez Canle á fronte da CEO ocupou o cargo de vicepresidente.


CITA CLAVE O DÍA 24

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), que leva sen presidente electo e con Antonio Fontenla exercendo como portavoz desde xaneiro de 2018, decidiu a principios de outubro convocar asemblea xeral para o próximo 24 de novembro para a elección do seu máximo representante.

Tal e como recollen os estatutos da organización, as candidaturas poden presentarse ata o sétimo día anterior ao da elección, isto é, ata o próximo día 17. Nas últimas citas, a institución chegou á data sen que ninguén dese un paso á fronte para postularse.

Unicamente poderán ser presentadas por organizacións integradas na mesma --confederacións provinciais ou asociacións sectoriais-- e cada organización poderá presentar unha soa candidatura. Ademais, o aspirante deberá ser membro da asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia.

ANOS DE ENFRONTAMENTOS
A patronal galega leva sen presidente electo desde a dimisión de Antón Arias, en xaneiro de 2018. Entón, convocou eleccións en maio dese ano, que despois aprazou a xullo, sen dar con ningún candidato disposto a postularse para o posto. O mesmo ocorreu, con posterioridade, en setembro de 2019.

Este ano, o impacto do coronavirus obrigou á patronal galega a aprazar 'sine die' as eleccións que tiña previsto realizar o 30 de abril.

A situación de inestabilidade interna na CEG remóntase a fai máis dun lustro e as tensións internas traducíronse en unha perda de visibilidade da organización ante a aparición doutras instituciones, aínda que agora retoma certo impulso coa reactivación do diálogo social.


SUCESIÓN DE PRESIDENTES E DIMISIÓNS

As complicacións arrástranse desde a época de José Manuel Fernández Alvariño, que substituíu a Antonio Fontenla en 2013 como presidente. Críticos coa súa xestión bloquearon as súas apenas dous anos de goberno ao atribuírlle supostas irregularidades nos gastos da confederación.

A el deulle a substitución Antonio Dieter Moure, que se alzou na presidencia da CEG a comezos de 2016 por 10 votos fronte ao seu rival, o tamén ourensán José Manuel Pérez Canle, falecido en novembro de 2018. Moure estivo menos dun ano no cargo e, aínda que alegou motivos persoais, os problemas no seo da patronal foron clave na súa saída.

O ata o de agora último presidente da CEG, o construtor coruñés Antón Arias, foi elixido en xaneiro de 2017 e o seu adeus produciuse tan só un ano despois. No seu día pretendeu reformar os estatutos e baseouse nese fracaso para xustificar a súa saída. Por aquel entón, dixo que esperaba que a súa decisión servise como "catarse" para que os integrantes da patronal pensasen "máis nos intereses do conxunto que en intereses persoais".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE