A tendencia do coronavirus segue un pouco á baixa pese ao repunte hoxe de novos contagios e positividade
As novas cifras do coronavirus en Galicia non son tan boas como as de onte. Tanto os novos diagnósticos, como a taxa de positividade como os casos activos rebotan. Con todo, as tendencias semanais seguen á baixa.
As novas cifras do coronavirus en Galicia non son tan boas como as de onte. Tanto os novos diagnósticos, como a taxa de positividade como os casos activos rebotan. Con todo, as tendencias semanais seguen á baixa.
Os 626 novos positivos é a peor cifra do últimos tres días. Con todo, a incidencia acumulada a sete días segue á baixa por cuarto día seguido. Está en 166 diagnósticos por 100.000 habitantes á semana.
Outra tendencia que segue á baixa é a de positividade, a pesar de que as cifras de hoxe non son boas. De feito, están entre as peores de toda a serie. Aínda así, a media móbil a sete días tende a reducirse, cunha positividade en torno ao 6,3%.
Onde non hai melloría é na incidencia acumulada a 14 días, que leva 20 días batendo o seu récord. Sitúase en 317 positivos cada dúas semanas por 100.000 habitantes, case tres veces máis que hai un mes. Claro recordatorio do potencial do coronavirus para dispararse en pouco tempo e do recente, e por tanto débil, da actual melloría.
No referido a casos activos, onte creceron un 2,8%. É a peor porcentaxe nas tres últimas xornadas, pero aínda así a media semanal continúa descendendo e sitúase nun incremento diario do 3,6%.
É a primeira vez en seis días que a porcentaxe dun día é superior ao da xornada anterior. Un dato preocupante. Como se acumulen outro par de días así, a fráxil mellora desta semana pódese ir ao traste moi rápido.
DATOS POR ÁREAS
Os casos activos soben en todas as áreas sanitarias Por vez primeira na pandemia todas as áreas teñen máis de 1.000 enfermos. Con todo, Ourense, que hoxe volve a baixar (61 ata os 1.211) e Santiago (que só sobe dous) presentan unha evolución esperanzadora.
Mentres, increméntanse a 2.271 na de Vigo --145 máis que este martes--; a 1.668 na da Coruña e Cee --65 máis--; a 1.097 na de Pontevedra --52 máis--; a 1.029 en Ferrol --47 máis-- e a 1.016 na de Lugo --53 máis--. De os 626 casos de Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, 187 son da área de Vigo e 120 na da Coruña e Cee.
Así se reflicte nos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá deste mércores con cifras ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press. No referido a novos diagnósticos por áreas, Vigo (187) e A Coruña (120) son ptra vez as que presentan peores rexistros. Santiago e Barbanza suma 89 casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 72 a de Lugo; 64 a de Ferrol; 52 a de Pontevedra e 42 a de Ourense.
En canto aos curados en Galicia, os datos de Sanidade elevan este mércores a 28.466 persoas, o que supón 371 máis que as rexistradas na xornada anterior.
Pola súa banda, a cifra de contaxiados sobe a 39.058 na Comunidade galega e as PCR realizadas ascenden a 713.800, fronte ás 706.326 da xornada anterior. Isto indica que o SERGAS realizou unhas 7.400, cando de media vén facendo unhas 8.400.
HOSPITALIZADOS
Onde as cifras son francamente malas é nos hospitais. Hoxe súmanse 17 pacientes máis, ata 483, nivel récord nesta segunda onda. Debido ao forte acelerón de contagios en outubro, agora nótase ese mesmo acelerón nos ingresos hospitalarios. En só tres días hai polo menos 75 hospitalizados máis. O resultado é que a porcentaxe de ocupación nos hospitais tamén aumenta. Por vez primeira as pacientes covid-19 en Galicia superar en 7% das camas dispoñibles. Máis do dobre que hai un mes.
FALECIDOS
Ata a data faleceron en Galicia 951 persoas con Covid-19, tras o últimas sete vítimas mortais notificadas na tarde deste martes pola Consellería de Sanidade, que indicou que polo menos dúas dos casos procedían de residencias de maiores. Todos os falecidos presentaban algunha patoloxía previa.
Este luns pasado rexistrouse o maior número de mortes por coronavirus nesta segunda onda da pandemia e con cifras que se remontan a principios do mes de abril.
O pasado xoves notificouse o maior número de mortos nunha mesma xornada desde que comezou a segunda onda (13) e superouse a barreira dos 900 falecementos con coronavirus.
A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa pandemia.
Escribe o teu comentario