Peche perimetral de todas as cidades e moitas vilas de Galicia desde as 3 da tarde, permitido reunirse só conviventes

Os peches perimetrais afectan a Vigo; A Coruña e Arteixo; Santiago, Ames e Teo; Ferrol, Narón, Fene e Neda; Pontevedra, Poio e Marín; e Lugo (en Ourense mantense a limitación que xa había).


|

A Xunta ordenará o peche perimetral de todas as cidades galegas, debido á mala evolución a pandemia de COVID-19, e restrinxirá as reunións unicamente a persoas conviventes nestes municipios.


Os peches perimetrais afectan a Vigo; A Coruña e Arteixo; Santiago, Ames e Teo; Ferrol, Narón, Fene e Neda; Pontevedra, Poio e Marín; e Lugo (en Ourense mantense a limitación que xa había).


Axentes da Garda Civil e da Policía Autonómica de Galicia traballan nun control policial na entrada á cidade de Ourense durante o primeiro día do seu confinamento debido ao incremento


Control do peche perimetral de Ourense


As restricións revisaranse o martes pero, visto a mala evolución recente en case todas as áreas e o tempo que leva a cidade de Ourense perimetrada, é improbable que se levanten tan pronto. 


Os novos  peches perimetrais organízanse por áreas:


- Santiago/Ames/Teo

-Narón/Ferrol/Fene/Neda

- Pontevedra/Poio/Marín

-A Coruña/Arteixo

-Vigo

-Lugo

-Vimianzo 


Hai que lembrar que xa hai tres áreas confinadas en Ourense. Son a da capital e Barbadás; Verín, Vilardevós e Oímbra; O Carballiño, Boborás e O Irixo. Segundo a Xunta, as medidas están a empezarse a deixar notar sobre todo no sur de Ourense. Con todo, seguen vixentes estes perímetros.


LIMITACIÓNS XERAIS

Hai limitacións para todos os concellos, teñan ou non restricións perimetrais. En ningún concello están permitidas as reunións de máis de cinco persoas. Nos concellos perimetrados, prohibidas as reunións de persoas que non convivan.


QUE PASA COS UNIVERSITARIOS?




As novas limitacións entran en vigor desde case xa, ás tres da tarde deste venres. Unha das excepcións previstas é a dos universitarios, que poden volver aos seus domicilios. Iso si, o conselleiro de Sanidade a pedido aos estudantes que non volvan aos seus fogares a fin de semana, para protexer ás súas familias.


Conselleiro de sanidade



As limitacións acábaas de presentar o conselleiro, Julio García Comesala, tras a reunión do comité clínico de expertos da Xunta. A pesar da transcendencia das medidas, o presidente da Xunta non compareceu.



 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE