As cifras do coronavirus en Galicia empeoran aínda máis coa maior alza de casos activos ata hoxe

Os positivos confirmados por Covid-19 nas últimas 24 horas en Galicia han repuntado a 682, deles 172 na área sanitaria de Vigo --que se sitúa á cabeza con maior número de casos activos tamén-- e 100 na da Coruña e Cee.

|

Galicia agrava aínda máis a súa situación epidemiolóxica,  sobre todo por unha alarmante subida de positivos na área de Vigo. A incidencia acumulada a 7 días e a media semanal de positividade están en niveis xamais vistos desde a primavera. Os 461 casos activos máis nun só día tamén é unha cifra inédita desde a primeira onda. A única pequena boa noticia é que baixan os hospitalizados por primeira vez en vinte días, aínda que minimamente.


Os positivos confirmados por Covid-19 nas últimas 24 horas en Galicia han repuntado a 682, deles 172 na área sanitaria de Vigo --que se sitúa á cabeza con maior número de casos activos tamén-- e 100 na da Coruña e Cee.





Por áreas sanitarias, Vigo sobe en 172 positivos, A Coruña en 100, na de Ourense rexistráronse 89 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; na de Santiago e Barbanza, 86; outros 83 na de Pontevedra e O Salnés; 80 na de Ferrol e 72 na de Lugo.


Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste mércores na web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste martes, nas que se constata que esta onda rexistra as cifras máis elevadas de contagios da pandemia en Galicia en canto a positivos confirmados por PCR en 24 horas.

 

En concreto, a cifra de novos contagios de hoxe é a segunda máis alta da serie, 682, só superada polos 687 do venres.





Isto contribúe a subir todos os indicadores de incidencia e medias móbiles a 7 días, que son os máis fiables para seguir a evolución da pandemia.


Por exemplo, Galicia acaba de superar a barreira dos 150 diagnosticados por 100.000 habitantes á semana. A incidencia acumulada de 151 positivos semanal é un récord e duplica á que había fai menos de dúas semanas. 


Outro tanto se pode dicir da incidencia a dúas semanas, que está xa preto dos 250 positivos cando empezamos o mes en menos de 110.


En definitiva, o coronavirus duplicou, polo menos, o seu impacto en Galicia en menos dun mes. Non hai ningún indicador de que o país poida dobrar a curva pronto. De feito, o ritmo de contagios segue acelerando.


461 CASOS ACTIVOS NUN DÍA

En canto aos casos activos, os 461 máis que hoxe ten Galicia é o maior incremento ata a data. É un salto enorme, que supón un incremento de casos activos do 6,5%, unha porcentaxe que non se vía desde finais de xullo, cando as cifras de contaxiados eran moitísimos menores. De media, cada día Galicia ten un 4,7% de casos activos máis. Este indicador, o primeiro que nos debería advertir dun cambio de tendencia, leva subindo sen descanso desde o 16 de outubro


VIGO, Á cabeza 

A área sanitaria de Vigo sitúase á cabeza, con 1.502, tras sumar 144 máis con respecto a este martes; seguida da de Ourense, con 1.414 --nove menos--, que é a única na que descenden en Galicia.


Mentres, a área da Coruña colócase con 1.285 casos activos --84 máis--; a de Santiago e Barbanza conta con 1.186 --58 máis--; a de Pontevedra e O Salnés, con 785 --58 máis--; Lugo, con 743 --52 máis-- e a de Ferrol ten 620 --74 máis--.


A única boa noticia de hoxe é que baixan os hospitalizados. Son 454, 9 menos que onte. É, iso si, por agora unha cifra puntual, por agora, pois é a primeira vez que hai un descenso de encamados desde hai dúas semanas. Desgraciadamente, soben os enfermos críticos, ata 62. A ocupación de camas, que a principios de outubro non chegaba ao 3%, aproxímase ao 6%. 





CURADOS E FALECIDOS
Ata a data curáronse na Comunidade galega 26.034 persoas, o que supón 230 máis que as rexistradas este martes. E realizáronse 654.482 PCR fronte ás 646.233 contabilizadas na xornada pasada.


Pola súa banda, os falecidos con Covid-19 en Galicia ascenden a 882, despois de que as autoridades sanitarias notificasen este martes o falecemento de dous homes con Covid-19. Os falecidos son un home de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e outro home de 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que procedía da residencia Vos Gozos, do Pereiro de Aguiar. Os dous tiñan patoloxías previas.


A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.


IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (5)







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE