Toque de queda desde as 23 h. que poderá modular cada autonomía

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou na roda posterior ao Consello de Ministros extraordinario celebrado no día de hoxe a aprobación do estado de alarma para toda España que entrará en vigor esta tarde. O seu obxectivo é que esta situación sexa prolongada polas Cortes Xerais durante seis meses, ata o 9 de maio.

|

Por outra banda a declaración do estado de alarma, que concede aos presidentes autonómicos ser a autoridade delegada nos seus territorios, permitirá ás Comunidades Autónomas confinar total ou parcialmente os seus territorios.

Así mesmo, establece un toque de queda desde as 23.00 horas ata as seis da madrugada, aínda que pode ser modulado polas autonomías, adiantando ás 22.00 horas e retrasandalo ata as doce da noite. Tamén o poden modificar para que finalice ás cinco ou as sete da madrugada.

O estado de alarma fora pedido nas últimas horas polas comunidades autónomas do País Vasco, Cataluña, Cantabria, así como a maioría de gobernos rexionais do PSOE. Pola contra, ningunha das autonomías gobernadas polo PP solicitaron esa medida.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante unha declaración institucional

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE