A incidencia acumulada semanal de Santiago está en risco extremo segundo o novo semáforo do Ministerio

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, considerou "unha cifra claramente excesiva" o número de casos activos actualmente na capital galega, con 401 positivos neste momento --informou-- e cunha subida de contagios en 131 na área sanitaria.

|

A área Sanitaria de Santiago ten unha incidencia acumulada de 130 casos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas. O límite da alerta máxima neste criterio, que non é o único, do novo semáforo de valoración de risco do Ministerio é de 125. 


O presidente Pedro Sánchez acaba de presentar o novo, e complexo, semáforo que regulará os niveis de alerta. Cos datos que publica a Xunta é imposible determinar que nivel correspóndelle a cada área sanitaria. E é que o semáforo estatal usa algúns criterios, como o grao de afectación aos maiores de 65 ou a porcentaxe de camas ocupadas, que Galicia non publica.


As únicas variables que se poden avaliar en Galicia son as incidencias acumuladas, a unha e dúas semanas, e a taxa de positividade. 


Destas tres variables, Santiago, que en teoría é a área con peor evolución recente en Galicia, só ten en niveis máximo a incidencia acumulada semanal. A incidencia acumulada a dúas semanas está en risco alto pero non extremo, pois son 208 os casos fronte ao límite de 250. En canto ao criterio de positividade, Santiago está no nivel de risco medio, pois hoxe o 11% de hoxe foi o peor valor da semana.


O ALCALDE DE COMPOSTELA ALERTA DA SITUACIÓN

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, considerou "unha cifra claramente excesiva" o número de casos activos actualmente na capital galega, con 401 positivos neste momento --informou-- e cunha subida de contagios en 131 na área sanitaria.


Con respecto aos datos ofrecidos este xoves polo rexedor (388 positivos), son 13 casos activos máis na cidade, pero nesta comparativa non aparecen reflectidas as posibles 'altas' médicas.







"Isto quere dicir que continúa a subida momentaneamente, quere dicir que nas últimas dúas semanas practicamente hai unha duplicación de casos activos e é algo que está en coherencia co que está a pasar no resto de España pero é un índice superior á media de Galicia", analizou o rexedor compostelán.

Respecto diso, Bugallo puntualizou que a medida galega "non está moi lonxe" da de Santiago, pero se a autonómica é dun incremento do 40 por cento nas últimas semanas, a da capital "a subida acumulada das dúas últimas semanas rolda o 100 por cen". "Unha cifra claramente excesiva e esixe reiterados chamamentos á responsabilidade individual e colectiva. Que todos apliquemos as medidas de prevención", apelou.

Bugallo indicou, así mesmo, que "cantas máis persoas hai cun resultado positivo por coronavirus, maior é o risco e maior o círculo de persoas que se poden ver afectadas".

Por tanto, o alcalde de Santiago chamou a "extremar as condicións de coidado, respectando a normativa aprobada pola comunidade" e "aplicando as medidas de prevención e protección" desde o punto de vista persoal. 






Xz2HG rea sanitaria de santiago persoas diagnosticadas a trav s de pcr por data div



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE