O coronavirus en Ourense tende moi lixeiramente á baixa, pero só se non se contan as residencias

|

O conselleiro de Sanidade dixo  esta mañá que a situación en Ourense é "estable". Corroboran as cifras as palabras de Julio García Comesaña?


Hai que lembrar que o domingo Comesaña dixo que o confinamento de Ourense estaba lonxe e dous días despois confinaba a cidade





É imposible avaliar de maneira tallante a veracidade das palabras do conselleiro en base a as cifras de hoxe. Son números moi distorsionados polo impacto dos dous novos grandes brotes en residencias.


Os Gozos (106) e Val de Monterrei (46) achegan 152 diagnósticos ao total de 239 novos positivos a nivel provincial comunicados hoxe. É dicir, máis do 60% de positivos do áerea sanitaria.


Sen apartar eses positivos en residencias, as cifras, como era de esperar, desmenten ao conselleiro. 


Así, a media móbil a 3 días acelera desde 81 a 131 novos diagnósticos á xornada, o máximo ata a data. 


A positividade onte disparouse a valores xamais vistos desde principios de abril, por encima do 18%. A súa media móbil a tres días ascende en consecuencia ata o 10%.


A TENDENCIA É Á BAIXA, FÓRA DAS RESIDENCIAS

Pero cal sería a evolución da provincia se non se produciron eses brotes en residencias? Pois hoxe habería 87 novos diagnósticos, que serían só 2 máis que antonte.  A media móbil a 3 días de diagnósticos diarios sería de 81 á xornada, os mesmos que antonte.


A taxa de positividade onte sería do 6,7%, lixeiramente inferior á de antonte e notablemente mellor que as rexistradas a principios de mes. A media móbil a tres días da taxa de positividade caería ata o 6,9%, o seu mellor rexistro desde o día 1 de outubro. En parte grazas a que o SERGAS leva dous días con moito máis test, máis de 1.200 ao día.


Entón, deixando á beira o sucedido nas residencias, si sería certo o que di o conselleiro. La evolución en Ourense, como leva días apuntando Galiciapress, parece que se achega a un pico ou, polo menos, tende a esa "estabilización" da que fala o mandatario, polo menos se non contamos as residencias. 


Con todo, o certo é que os anciáns dos Gozos e Val de Monterrei son tan ourensáns como o resto . É por iso que as palabras de conselleiro son só, como moito, sendo xenerosos, unha media verdade.


ZZB1s coronavirus no rea sanitaria de ourense evoluci n recente nbsp  (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress