O presunto asasino do seu sobriño de tres anos tiña problemas psicolóxicos previos e segue hospitalizado en Psiquiatría

O home detido pola morte do seu sobriño de tres anos na noite do luns en Santiago de Compostela segue "internado" nun centro sanitario da capital galega a disposición xudicial.

|

A persoa detida por supostamente asfixiar ao seu sobriño tiña problemas psicolóxicos previos, relacionados cunha pasada enfermidade, segundo indicadon fontes veciñais a Galiciapress. Estas fontes aseguran que o home sufriu unha grave doenza da que se recuperou, chegando a traballar como profesor, pero que lle deixou secuelas psíquicas. 

Segundo indica hoxe El Correo Gallego, a análise de ouriños revelou que o sospeitoso tomara ansiolíticos, pero non antidepresivos, medicación contra a psicose ou outras drogas. O Delegado do Goberno negouse hoxe a confirmar que o menor estivese acompañado por outros familiares no momento dos feitos. O alcalde da cidade Sánchez Bugallo deu as condelencias á familia ante a traxedia. 


Domicilio no que se produciu a morte do neno en Santiago

Portal da casa familiar onde sucedeu a traxedia


HOSPITALIZADO BAIXO VIXILANCIA POLICIAL

O acusado segue detido baixo vixilancia no CHUS, segundo aseguraron a Europa Press fontes próximas á investigación, que explicaron que a primeira parte das dilixencias realizadas por Policía Xudicial da Policía Nacional han finalizado e están á espera do que determine a autoridade xudicial.

O arrestado permanece ingresado na Unidade de Psiquiatría do Hospital de Conxo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde foi trasladado tras a súa detención na noite do luns.

A Policía está agora á espera do que determine o Xulgado de Instrución correspondente de Santiago, a cuxa disposición está o atestado e o detido en relación coa morte deste menor de tres anos.

SEN ANTECEDENTES
Fuentes consultadas por Europa Press apuntaron que non lle constan antecedentes ao detido en relación á morte do seu sobriño, pero sinalaron que está a tratamento psiquiátrico.

De feito, o individuo detido pola morte do seu sobriño de tres anos foi trasladado tras o seu arresto a un centro hospitalario polo seu estado de alteración. Polo momento, fontes consultadas confirmaron que segue hospitalizado e están "pendentes da súa evolución" e da avaliación médica correspondente.

FAMILIARES ESTABAN NO DOMICILIO
A alerta do sucedido deuse pouco despois das 20,00 horas deste luns na rúa Loureiros da capital galega e efectivos sanitarios tiveron que prestar asistencia tamén a familiares da vítima mortal, de tres anos.

O presunto autor dos feitos foi detido no lugar e trasladado posteriormente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago polo seu estado de alteración. Á espera de coñecer os resultados a autopsia para determinar a causa do falecemento, os primeiros indicios apuntan a que puido ser por asfixia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE