Lugo prepara un San Froilán "diferente": sen festa pero cun maior peso das actividades culturais

O Concello de Lugo estuda organizar "actividades culturais", durante as festas patronais da cidade, o San Froilán, previstas do 5 ao 12 de outubro.

|

Con motivo da crise do coronavirus, o Concello de Lugo admite que nestes momento é imposible celebrar as fiestan do San Froilan con normalidade e que toca "asumir" que as festividades non se van a celebrar como viña sendo habitual.


Con todo, e para non esquecer que a cidade amurallada atópase de celebracion, Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, quixo salientar o traballo do seu departamento que traballa para organizar unha programación cultural especialmente deseñada e preparada para estas datas nunhas circunstancias tan inusuais. 


Maite ferreiro

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro


O Concello de Lugo estuda organizar "actividades culturais", durante as festas patronais da cidade, o San Froilán, previstas do 5 ao 12 de outubro.


A concelleira de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, sinalou que teñen "que asumir que non vai haber San Froilán". "Cando falamos que non vai haber San Froilán é sobre as festas ás que estabamos afeitos organizar estes anos", resolveu.

Con todo, avanzou que na área de cultura trabállase na elaboración "dunha serie de actividades culturais, nesa semana das festas do patrón de Lugo pero que nada ten que ver co San Froilán ao que estamos afeitos porque non vai haber nin recinto feiral, nin barracas".


"Non son festas de San Froilán, podémoslle empezar a chamar actividades culturais para lembrar que estamos na semana das festas de San Froilán", puntualizou.


Tampouco haberá "casetas" do polbo, aínda que neste caso, Ferreiro explicou que "iso é algo que se decidiu hai tempo porque este ano habería que renovar os pregos e naquel momento xa tomamos a decisión".


"Foi un acerto, nestes momentos un recinto feiral abarrotado de persoas sería o menos apropiado ante a situación de pandemia que estamos a padecer", destacou.


En canto a esas "actividades culturais", durante esa semana, o seu desenvolvemento tamén vai estar en función da situación "sanitaria" e serían susceptibles de ser "suspendidas", manifestou.


Con todo, está previsto pregón de San Froilán, que se encargou este ano á comunicadora e xornalista Tonina Gai, cunha experiencia de máis de 40 anos no ámbito radiofónico.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE