"Alto risco" de contaxios no brote de Lalín, mentres a conxunto da área de Santiago mellora bastante hoxe


A alarmante progresión do coronavirus na área de Santiago - O Barbanza suavizouse hoxe, tras dous días cunha positividade superior ao 10%. Afortunadamente, hoxe só é do 4,3%. Ademais, o número de novos positivos é o máis pequeno no que levamos de setembro.


|

A alarmante progresión do coronavirus na área de Santiago - O Barbanza suavizouse hoxe, tras dous días cunha positividade superior ao 10%. Afortunadamente, hoxe só é do 4,3%. Ademais, o número de novos positivos é o máis pequeno no que levamos de setembro.


Cifras esperanzadoras que non queren dicir necesariamente que o repunte quedase atrás. 


Como os datos dun día sempre poden ser enganosos, é mellor analizar as tendencias.


Así, vemos que a media móbil a tres días da positividade aínda está nun valor elevado 8,37%. Hai que lembrar que a OMS estima o 5% como o máximo para poder estimar que un brote empeza a estar baixo control.


A media móbil a tres días é de 56 diagnósticos cada xornada. Iso a pesar que a área rexistra a mellor cifra de novos contaxios do mes, onte só apareceron 27. Case un terzo menos dos 68 de antonte e dos 73 de onte.


É esta aparente melloría produto de que o SERGAS fixese menos probas? Non, os 621 PCRs son menos, pero non lonxe dos 670-680 de pasadas xornadas.



Así as cousas, é aínda demasiado pronto para estimar que o brote pode estar controlado. Á espera das cifras de próximas xornadas, sería moi prematuro que Sanidade afrouxase as restricións impostas esta semana.


Cando xustificou esas limitacións, a Xunta alertou que a incidencia era especialmente preocupante no concello de Santiago de Compostela. Pasaron varios xornadas e parece que o problema non era só da capital, pois onte tamén impuxo restricións en Lalín.


As restricións na vila do Deza débense a un brote entre mozos. A Xunta cualifícao de "alto risco". O potencial gran número de mozos asintomáticos, a alta positividade detectada entre eles e a súa propensión a unha vida social moi activa empuxaron a Sanidade a impoñer as restricións, segundo explica a Xunta hoxe no DOG: 

Dentro da comarca, o concello máis afectado é o de Lalín tanto en casos como en taxas. O número reprodutivo instantáneo está lixeiramente por encima do 1, co intervalo de confianza superior preto do 2, o que significa que cada caso pode estar a contaxiar a outras dúas persoas e está a se incrementar a transmisión. Este brote presenta características de alto risco, como son a incidencia acumulada e a alta positividade das probas PCR na área de investigación do brote. Teniendo en cuenta os factores de risco anteriores e o grupo de idade máis afectado (15-29 anos), cunha alta probabilidade de presentar casos asintomáticos e gran capacidade de transmisión pola frecuencia de interaccións sociais, recoméndase establecer medidas restritivas no concello de Lalín, como a referida ao tamaño dos grupos, establecendo un máximo de 10 persoas para grupos non conviventes, así como limitacións de capacidade e restricións respecto a festas, verbenas ou actuacións.


Hai que lembrar que en Lalín detectouse un brote na hostalería hai dúas semanas aproximadamente. Desde entón, o SERGAS non informou da súa evolución. Do escrito hoxe no DOG, pódese deducir que o brote lalinense non foi controlado a tempo, disparando a positividade da conxunto da área sanitaria por encima do 10% onte e antonte e obrigando finalmente a tomar medidas na vila.


TRES HOSPITALIZADOS MÁIS NUN DÍA

En todo caso, aceleración empeza a pasar factura nas plantas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. O CHUS empezou a semana con 18 pacientes en planta e chega ao domingo con 28, 10 máis. Son tres ingresos nun só día. 


Dúas persoas continúan ingresadas na UCI. Outra persoa faleceu esta semana, terceira morte na área sanitaria no que levamos de mes.


DDEpG coronavirus no rea santiaria de santiago ou barbanza



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE