Outro incidente con orcas na costa galega: embisten un veleiro ata deixalo sen leme

Efectivos de Salvamento Marítimo acudiron ao auxilio dunha embarcación que foi arremetida por varias orcas fronte á costa galega.

|

É, que se saiba, a terceira vez que este verán os cetáceos causan problemas a embarcacións na costa galega. A finais de agosto acometeron contra un veleiro e un buque da armada. Hoxe danaron o temón doutro veleiro á saída da Ría de Ferrol.  Tamén llas viu pola Ría de Muros e Noia.


Efectivos de Salvamento Marítimo acudiron ao auxilio dunha embarcación que foi arremetida por varias orcas fronte á costa galega.


Orcas   Mama and babe

Imaxe de arquivo de orcas


O veleiro 'Beautiful Dreamer', con tres tripulantes de nacionalidade finlandesa e británica, acababa de saír do porto de Ferrol, e sufriu unha acometida destes animais a unhas seis millas de Cabo Prior.


REMOLCADO ATA CORUÑA

A causa do impacto, o temón da embarcación quedo danado e víronse obrigados a solicitar o apoio a Salvamento Marítimo.

Finalmente, acudiu ata a zona a Salvamar Betelgeuse, que executou as tarefas de remolque ata o porto da Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE