A Coruña e Ourense parece que están a conter o coronavirus, que segue crecendo en Santiago e Pontevedra

Galicia detectou 243 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, unha trintena menos que os contagios reportados hai un día (274). Mentres tanto, o número de casos activos, no que inflúen tamén as altas e os falecementos rexistrados, sufriu un leve ascenso de tres, polo que o total sitúase en 4.361 este venres.

|

Outro día de evolución moi dispar do COVID-19 en Galicia. A situación en Compostela empeza a ser alarmante, con máis de 70 positivos nun día. Pola contra, A Coruña e, en menor medida, Ourense, levan tempo estabilizados ou mellorando un pouco.





Galicia detectou 243 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, unha trintena menos que os contagios reportados hai un día (274). Mentres tanto, o número de casos activos, no que inflúen tamén as altas e os falecementos rexistrados, sufriu un leve ascenso de tres, polo que o total sitúase en 4.361 este venres.


Por áreas sanitarias, os casos activos soben en tres delas: Santiago --sobe en 31, ata as 689 persoas coa enfermidade--; Vigo --ascende en 16, ata os 364 pacientes-- e Pontevedra --suma 11, ata 413--.

A Coruña segue acumulando o maior número de casos, que se sitúan actualmente en 1.403 activos, unha cifra que supón unha baixada de catro con respecto á cifra deste xoves. Tamén rexistran descensos as áreas sanitarias de Lugo, con 855 casos activos (-39), Ourense, con 463 (-10) e Ferrol, con 174 (-2).

Ademais, Sanidade indicou que o número de PCR realizadas ata o momento en Galicia desde os inicios da pandemia é de 384.735, é dicir, nas últimas 24 horas realizáronse 4.732 probas novas.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (16)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE