Medidas restritivas en Laxe, Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilaboa e Poio polo coronavirus

A Xunta acaba de ditalas para os concello coruñés de Laxe, e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio, tras a reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia. As restricións empezan desde as 00:00 horas desta medianoite. 


|

Amplíanse as restricións a máis localidades. A Xunta acaba de ditalas para os concellos de Laxe na Coruña e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio. Faino tras a reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia. 


As restricións empezan desde as 00:00 horas desta medianoite. 



Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19 que foi trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo, Galicia (España), a 3 de se



VODAS ESTA FIN DE SEMANA

As restricións implican que vodas, bautizos e comuñóns non poderán superar o 50 % do aforo do salón de banquetes nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre.


A Xunta abre un pouco a man,  iso si, coas celebracións xa previstas para a fin de semana. Así sinala que "este apartado da norma non entrará en vigor ata o vindeiro luns, polo que non afectará os eventos previstos para esta fin de semana".


DURACIÓN 

As medidas para estes concellos prolongaranse polo menos unha semana. Entón revisaranse, indica o comunicado do Goberno.


As regulacións implican o límite dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas reunións tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE