O COVID segue disparado en Pontevedra, acelera en Santiago e parece máis controlado na Coruña

Galicia detectou 274 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, pero o número de casos activos, no que inflúen tamén as altas e os falecementos, rexistrou un leve descenso, de seis, e sitúase en 4.358 este xoves.

|

Galicia detectou 274 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, pero o número de casos activos, no que inflúen tamén as altas e os falecementos, rexistrou un leve descenso, de seis, e sitúase en 4.358 este xoves. É unha evolución lixeiramente esperanzadora a nivel galego


Agora ben, a evolución local varía moito entre as diferentes áreas. Pontevedra continúa sendo a zona que peor está a evolucionar esta semana e os datos de Compostela tamén son preocupantes.





Por áreas sanitarias, os casos activos soben só en tres delas: Pontevedra --sobe en 23, ata 402--; Ourense --sobe en 11, ata 473--; e Vigo --sobe en catro, ata 348--.


O MISTERIO DE PONTEVEDRA

Hai varios días que Galiciapress vén alertando da mala evolución pontevedresa. Finalmente, onte a Xunta decidiu impoñer restricións alí. 


Como mostra a gráfica, a evolución da área, que era das mellores de Galicia, empezou a torcerse en torno ao 22 de agosto. A diferenza doutras áreas, nas que si houbo restricións, o problema foise agravando paulatinamente, con varias xornadas recentes con saltos de 20 ou máis casos activos. 


Hoxe a evolución sen ser boa, non é tan nefasta, son 8 casos activos máis. Unha cuestión que preocupa é a aparente falta de transparencia no SERGAS de Pontevedra. Se a área acumula 56 casos activos máis no que levamos de semana, como é posible que a Xunta non comunicase ningún brote? 


En teoría, a Administración ten a obrigación de declarar brotes cando logra relacionar 3 ou máis casos. Así o está facendo por exemplo a EOXI de Ourense, que case todos os días informa de brotes, aínda que sexan só 3 casos entre conviventes. En Pontevedra só poden estar a pasar dúas cousas: ou o seu EOXI non informa como debese dos brotes que si detecta ou hai tanta transmisión comunitaria que xa deixou de centrarse na identificacion de tal ou cal brote.




A CORUÑA ESTÁ A BAIXAR DO 5% DE TEST POSITIVOS


A Coruña segue acumulando o maior número de casos, que se sitúan actualmente en 1.407 activos, unha cifra que supón unha baixada de 17 con respecto ao mércores. Consolídase así unha lixeira tendencia á baixa en casos activos, este xoves hai 12 menos que o pasado xoves.


Con todo, hai que ter en conta que seguir a evolución dun foco só polos casos activos, que é o único que publica o SERGAS a nivel de área sanitarias, pode resultar enganosos. Os casos activos un día poden baixar, por exemplo, por unha avalancha de altas aínda que ao mesmo tempo haxa bastante novos contagios.


Afortunadamente no caso da Coruña podemos esquivar a falta de transparencia da Xunta a través dos datos que actualiza a diario o doutor Luís Vázquez. Hoxe comunicáronse 63 novos positivos, o mellor xoves desde hai 5 semanas. 




Polo menos catro deses 63 positivos poden proceder de un brote en Aspronaga Oleiros.


Esperanzadora tamén é a proporcion de PCRs positivos, o 4,1%, por baixo do 5% que indica a OMS como máximo para estimar que un brote está controlado. De feito, a positividade da Coruña estes días empeza a ser inferior á media galega. 


CRÍTICAS Á XESTIÓN DAS RESIDENCIAS EN LUGO

Tamén rexistran un descenso Lugo, onde caen en 26 e o total sitúase en 89.  Lugo é a segunda área máis afectada de Galicia, debido sobre todo aos brotes nas residencias do Incio e DomusVi Lugo.


No brote desta última seguen aparecendo positivos, por certo. Antonte foron 99 e ayer catro contaxiados máis.   O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei (PSOE), acusou á Xunta de Galicia de estar "a actuar tarde" con lasresidencias de maiores ante o incremento de casos entre usuarios e traballadores destes centros.


DEMASIADOS TEST POSITIVOS EN SANTIAGO

En Santiago  constan 658 casos activos, un menos que onte. Segundo cifras da EOXI local, nesta área sanitaria houbo onte 69 altas e ningún falecemento. 


Diso dedúcese que houbo 68 novos positivos en Santiago, polo que a epidemia en dista de estar controlada. De feito, a taxa de positividade de onte na área estivo por encima do 10% onte.

En canto ao área sanitaria de Ferrol, mantense este xoves sen cambios con respecto a hai 24 horas e ten un total de 176 casos, de acordo cos datos da Consellería.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE