Un brote en Pantón salpica en rodaxe da película de Dani da Torre
A rodaxe de 'Live is Life', a última película do monfortino Dani da Torre, continúa "sen problema" na localidade luguesa de Pantón tras dar positivo en covid-19 dous mozos que ían participar no filme como extras.
A rodaxe de 'Live is Life', a última película do monfortino Dani da Torre, continúa "sen problema" na localidade luguesa de Pantón tras dar positivo en covid-19 dous mozos que ían participar no filme como extras.
En declaracións a Europa Press, o produtor da película, Federico Rozadillas, transmitiu "tranquilidade", despois de que estes dous positivos permitiron dar, polo momento, con outros cinco casos no municipio.
Rozadillas confirma que van rodar na tarde noite deste xoves e que a súa intención é proseguir con "tranquilidade" durante as cinco semanas que queda, xa que todo o persoal está "limpo" e aplícanse os debidos protocolos de seguridade.
FESTA
Pola súa banda, o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, explicou, tamén en declaracións a Europa Press, que os sete positivos son novos, amigos que celebraran "unha festa de despedida do verán" días atrás.
O rastrexo á contorna dos dous primeiros casos levou a coñecer outros cinco e todos eles atópanse nas súas casas, segundo indicou o rexedor, que apunta que tres deles presentan síntomas e catro son asintomáticos.
FALTA O RESULTADO DE MÁIS PROBAS
Os familiares destes mozos, entre os 18 e os 20 anos, segundo Álvarez, deron negativo, pero aínda falta por coñecer o resultado das últimas probas realizadas a persoas próximas aos mozos.
Pola súa banda, no actual escenario, o primeiro edil de Pantón recomendou que os veciños manteñan a distancia de seguridade e utilicen a máscara, ademais do adecuado lavado de mans.
Escribe o teu comentario