Feijóo avoga polo uso obrigatorio das máscaras nos estudantes de Primaria en diante
O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, propuxo este mércores que o uso da máscara sexa obrigatorio nas clases por parte dos profesores e os alumnos a partir dos seis anos.
O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, propuxo este mércores que o uso da máscara sexa obrigatorio nas clases por parte dos profesores e os alumnos a partir dos seis anos
Na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico, Feijóo avanzou que levará esta proposta á Conferencia de Presidentes sobre o inicio da actividade escolar.
O máximo mandatario autonómico asegurou que hai datos que "avalan" que se debe estender o uso das máscaras nas aulas a todo o territorio español. "No que se refire a Galicia, parécenos que, salvo que haxa algún documento ou estudo de investigación que acredite o contrario, esa medida debe implantarse no próximo curso", indicou.
Escribe o teu comentario