O probable sucesor de Puigdemont nas listas de JxCat será o conseller Damiá Calvet
As fuezas catalás van movendo fichas en plena precampaña electoral. Polo bando dos independentistas continúan as dúbidas sobre que pasará entre Junts, a plataforma impulsada polo ex-president, e o PPdeCat, a marca herdeira da defunta Convergencia.

O conseller de Territorio e Sustentabilidade da Generalitat, Damià Calvet, asegurou que se presentará a unhas posibles primarias para ser o candidato de JxCat á Presidencia do Govern nas próximas eleccións catalás "se se dan unhas determinadas circunstancias".
"Se hai primarias, que eu defendo que as haxa, e danse unhas determinadas circunstancias, si que me presentaría", dixo nunha entrevista de Europa Press, despois de que o seu nome soase nos últimos meses como un dos posibles candidatos de JxCat no caso de que o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont non poida ou rexeite encabezar a lista.
Escribe o teu comentario