Rallye Ourense: protocolos anitcoronavirus con control de aforo e toma de temperatura

Os afeccionados terán prohibido o acceso á zona de asistencia, tanto nas xornadas previas como durante o día da competición

|

O 53º Rallye Ourense, primeira carreira do Nacional de Rallyes de Asfalto, elaborou un protocolo con medidas preventivas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 que contempla a limitación e control de aforo, restricións para os afeccionados, toma de temperatura, xel hidroalcohólico, ademais de solucións desinfectantes para ferramentas e vehículos.



Rally campionato



Un dos aspectos máis destacados é que "non se permitirá a entrada de público á zona de asistencia", como sinalou o director de carreira, Alejandro Fraga Paradela. Desta forma, só poderán acceder á zona de asistencia, debidamente acreditados, oficiais da proba, equipos participantes e o seu persoal de traballo.


Ademais, para poder acreditarse os pilotos, copilotos, oficiais da proba, persoal de asistencia e prensa deberán cubrir obrigatoriamente unha 'Declaración de Risco Covid-19', dispoñible na web do Rallye.


A proba, que contará con 90 participantes, terá lugar este venres, 24 de xullo, e o sábado, 25, e será puntuable para os campionatos e copas establecidos no Regulamento Deportivo do Campionato de España de Rallyes de Asfalto CERA 2020 e para a Copa Suzuki Swift 2020.


ZONA DE ASISTENCIA

A zona de asistencia contará con dous accesos de entrada, co fin de evitar aglomeracións, nos que se realizará a toma de temperatura. En concreto, realizaranse controis de temperatura corporal antes do inicio da actividade deportiva a todos os participantes, así como nos accesos de saída.


Ademais, dentro da zona de asistencia tamén se habilitará unha "zona específica de illamento para o seu uso no caso de que durante o desenvolvemento da proba aparecese algún caso de posible Covid-19", informou desde a organización da proba.

O uso de máscaras será obrigatorio para todos os membros do equipo, en todo momento e durante a realización da proba, coa excepción do piloto e copiloto cando se atopen dentro do vehículou. En calquera caso, cando abandonen o mesmo deberán facer uso da máscara.

Os equipos tamén deberán dispoñer de xel hidroalcohólico dentro da asistencia, ademais de solucións desinfectantes para ferramentas e vehículos. Os participantes terán en todos os postos de control do rallye dispensadores de xel hidroalcohólico para o seu uso.

Os afeccionados que acudan a ver os diferentes tramos tamén deberán usar en todo momento máscara e cumprir coas distancias de seguridade e outras medidas de prevención establecidas.

Desde a organización do Rally de Ourense tamén habilitaron un teléfono de emerxencias ao que calquera persoa que experimente algúns dos síntomas máis comúns compatibles con Covid-19, tales como febre, tose, calafríos ou sensación de falta de aire deberá comunicalo


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE